Sinopse

No sentido das agullas do reloxio, e xa de cara a Sarria e cos eólicos á dereita, cruzamos a pista, coronamos polo medio unha rocha en forma de lousa.

De seguido, discorremos por unha consecución de pequenos codos con apoios e bombeos por todas partes, que nos fan poner en práctica a nosa destreza á hora de virar de esquerda a dereita coa nosa millor técnica e destreza.

Pinar abaixo, vámonos atopando con algunha que outra rocha na que podemos tirar de manillar e lanzarnos uns metros e coller velocidade ata chegar a un salto de rampa, nunha zona recta, que nos leva a cruzar a pista principal.

Seguido de outro salto máis, para logo de facer duas curvas, coronar unha rocha e botarnos monte abaixo a máxima velocidade, sorteando un par de curvas que nos levan a cruzar outro camiño. A continuación máis curvas e máis pinar, sin apenas obstáculos que sortear e nada máis que tentar facelo o más rápido que nos sexa posible.

Neste intre, entramos nunha zona rocosa bastante técnica á vez que perigosa si o terreo se atopa mollado, sendo recomendable deterse neste punto e ollar cal é a sección que más nos convén xa que, metidos en acción, non hai marxen de rectificación xa que é un sector cego nalgún punto e esvaradizo polo que, teremos que amosar a nosa destreza coronando dous grupos de rochas, seguidos de un cruce de camiño que nos deixa noutras rochas que nos encañonan, para así chegar á zona de meta, co pracer de conseguir facer un tramo que, aínda que parecía ter unha dificultade máxima, non o era tanto logo de gañalo.

Info circuito

  • Ubicación Santa Cristina
  • Dificultade ★★★★★☆☆☆☆☆
  • Estado Ciclable 100%
  • Revisado 04/09/2022
  • Escapatorias 100%
  • Distancia 1.041 m
  • Idade 12 - ∞
NOTIFICA INCIDENCIA / ESTADO
IMAXES DO CIRCUITO
VIDEO ONBOARD

Recomendacións

Restriccións

Máis circuitos

DH Dientes

Free

Mini DHU

Piedrote