Sinopse
Despois de un ano e medio de moito traballo co impulsor do noso compañeiro Tros e a gran axuda da maquinaria DHG (pala, Chisco e moitas mans dos nosos socios DHGs), presentamos o último circuito dos máis divertidos e o mais longo de Santa Cristina bautizado por Trosky (dándolle nome o seu deseñador).
Sen dúbida é máis semellante a un bike-park, diversión de principio a fin cun traballo ben feito con todo detalle.
Comeza no xeodésico do monte subindo lixeiramente nunha especie de pasarela de terra coroando un penedo de máis de 2m de diámetro para descender sobre él hacia unha especie de escalon doutro penedo. Primeiro peralte cerrado de esquerdas no que fai comprimir a bici no seu vértice despois de haber baixado os penedos. Xa se empeza a notar o aumento de ritmo apoiando lixeiramente nun peralte corto do lado esquerdo para tirarse rápido de seguido a outro do lado dereito (os dous son sen moita circunferencia), envolvéndonos no segunte peralte de dereitas con saída de salto para recepcionar na entrada do seguinte de esquerdas e veña saltar de novo enlazando outro de dereitas ca mesma saida. Hai que illar moi ben estes anteriores para sía gañando máis velocidade e saltando hacia un mega-peralte de 15 metros trazando nunha circunferencia que parece que se fan 180 grados como se fora un wallride de terra interminable. Saes para coller un peralte máis cerrado e pequeno de dereitas, apoiamos noutro peralte máis dereito para enfilar unha empalmada que a meseta de rocha pequecha de 2m longo pero sin problema. De seguido afrontamos outra emplamada que na rampla , a parte final é unha rocha cun pequeno cortado de menos de medio metro de fondo deixando unha meseta (2m) con rochas de forma irrgular que se non a saltas hai que coller unha alternativa pola dereita. Según recepcionas deseguido ten un peralte de esquerdas que hai que meter un par de pedaladas para tirarlle a un dobre pequeno, senón coñeces o primeiro é mellor rodalo, pero sabendo del o seu é empatalo. Veñen peraltes pequenos e a continuación encarar o salto do camiño cun cortado de 1 m, saltase perfectamente (con alternativa a esquerda).
O recpecionar a velocidad triplicase e metémonos nun perarlte de esquerdas grande, despois veñen sucesivos todos a moita velocidade para dar pasa o un pequeno salto que comparte sector. Duas mesetas grandes, peraltes de esquerdas ... cruzamos unha pista que o sair hai un pequeno cortado de medio metro e despois un salto con buratiño pequeno no que hai que levar velocidade (con alternativa). O recepcionar encaramos outro salto a moita velocidade e empeza o terreo a coller máis desnivel con peraltes seguidos. O saír duas mesetas grandes e outro peralte de dereitas no que hai que ir moi embalado para encarar un salto largo e facer un step-up de rampa tipo dirt de 4 metros.
Descendemos lixeiramente hacia outro sector, despois de cruzar o camiño hai una empalmadiña donde embalamos para facer un peralte de esquerdas longo, e a continuación veñen 6 dubbies. Saimos con peraltes e un salto pequeno a un camiño no que hai que pedalear para facer un salta de meseta que no medio recepionas para facer unha rampa de saída da mesma meseta. Recepcionas encarando un peralte de esquerdas con saida de salto tipo transfer, aproveitando a recepción do transfer tócanos dar as últimas pedaladas para facer un mini dobre cun saltiño con peraltes despois. Vamos adentrando nunha carballeira collendo velocidade polo sendeiro estreito, con varias reviradas.
Finalmente chegamos a meta compartida cos circuitos de Guillade, Dientes e Free, cunha sensación de haber montado nunha montaña rusa e con gañas de repetir.
Info circuito
- Ubicación Santa Cristina
- Dificultade ★★★★★★★★☆☆
- Estado Ciclable 100%
- Revisado 15/10/2023
- Escapatorias 100%
- Distancia En construcción
- Idade 12 - ∞
IMAXES DO CIRCUITO
VIDEO ONBOARD
Recomendaciones
- É obrigatorio o uso de casco sendo á súa vez recomendado o uso de xeonlleiras, codeiras e espaldeira.
- Comproba os freos para poder baixar con seguridade.
- Asegura a presión das rodas.
- Presta atención nos cambios de sector por si se cruza un vehículo ou persoa polo camiño.
- É recomendable facer un recoñecemento previo dos circuitos polos posibles obstáculos ou imprevistos que poida haber.
- Se cívico e dá exemplo, respeta este espazo, ás persoas e animais do monte.
Restricciones
- Idade mínima recomendable: 12 anos, os menores de idade e recomendable que sexan acompañados por un titor.
- Só poderan facer uso dos circuitos ciclistas federados pola federación española / galega de ciclismo.
- O deportista e usuario deste espazo asume o risco que leva a práctica deste deporte.
- Prohibido fumar.
- No tires lixo, deixa o monte como está.
- Prohibido o uso de vehículos de motor polos circuitos.
Más circuitos
Troski
- Santa Cristina
- ★★★★★★★★☆☆
- Ciclable 100%
DH Dientes
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 100%
Free
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 40%
Mini DHU
- Sarria
- ★★☆☆☆☆☆☆☆☆
- Ciclable 100%