DH Molinos 2026

DH MOLINOS 2026

  • Lugar: PARAMO
  • Data Celebración: 26/04/2026 Hora Salida: 10:30
  • Data recollida de dorsais: 25/04/2026 desde 8:00 ata 9:00
 

Ubicacion Descenso

Pincha aquí para chegar a zona de saída do circuitos

Tempos DH Molinos en directo
  • DH MOLINOS – Copa de España BTT Descenso

    A proba DH Molinos forma parte da Copa de España de BTT Descenso e celebrarase en Páramo o vindeiro 26 de abril de 2026. Trátase dunha competición de ámbito estatal que reunirá a corredores de diferentes categorías nun circuíto deseñado para ofrecer un alto nivel técnico e deportivo.

    Datos xerais da proba

    • Data: 26 de abril de 2026
    • Hora de saída: 10:30
    • Lugar: Páramo
    • Organiza: DH Galicia

    Categorías

    A proba está aberta ás seguintes categorías:
    Sub-23 feminina e masculina, Elite UCI, Elite feminina e masculina, Junior feminina e masculina, Cadete feminina e masculina, Infantil feminina e masculina, así como todas as categorías Máster (30, 40, 50 e 60, femininas e masculinas).

    Inscricións

    • Procedemento: A través da web da Federación
    • Data límite: 21 de abril de 2026 ás 23:59
    • Límite de participación: 300 corredores
    • Condición: Só poderán participar corredores federados
    • Importe:
      • Infantís e Cadetes: 40 €
      • Resto de categorías: 50 €

    Non se permitirán inscricións o día da proba.

    Recollida de dorsais

    • Data: 25 de abril de 2026
    • Horario: De 08:00 a 09:00

    Normativa específica

    Na categoría infantil será obrigatorio o uso de bicicleta con horquilla simple, non estando permitido o uso de sistemas de suspensión dobre, de acordo coa normativa vixente.

horarios
ubicación paddock dh molinos
informacion importante de accesos

Para o correcto desenvolvemento da proba, é fundamental respectar os accesos indicados no mapa 

Todas as autocaravanas e vehículos longos DEBEN acceder exclusivamente polos accesos habilitados
Non circular polas zonas restrinxidas nin pola estrada de remontes

Hai tramos con pendente moi pronunciada onde existe risco real de quedar bloqueado

ACCESO DESDE SARRIA
ACCESO DESDE PÁRAMO

¡Únete a nós!

¿Estas preparado para disfrutar do deporte?

Séguenos