Sinopse

Temos ante nos o mítico Flow, que como ben indica o seu apodo, é todo FLOW.

Nada máis comezar e no mesmo intre que atravesamos a pista, xa nos tiramos dunha rocha que nos lanza para coller velocidade, subir e baixar outra de maiores dimensións e, o facer unha curva rocosa para lanzarnos no primeiro salto cego seguido de outro non tan cego e separados por unhos escasos vinte metros e un codo de noventa graos.

Sen coller folgos entramos nunha zoa de tres curvas con bon peralte e outro salto que nos leva a cruzar a pista principal, entrando a máxima velocidade novamente no pinar, cun pequeno salto, que nos lanza pegadiños a unha destás árbores.

Tres curvas ben peraltadas seguidas, unha reta con pequena pendente seguida de outra curva máis para afrontar un gran salto cego e largo, atopándote de seguido con gran peralte e un sector de curvas sucesivas.  Despóis de atravesar un camiño,  meterse no pinar, outras dúas curvas máis. De seguido unha recta para esprintar e saltar despóis doutro cruce de camiño.

Apenas un par de segundos para coller aire e o terreo vira más empinado ainda nunha consecución de xiros e pequenos saltos con moito flow para chegar, á zona de meta, non sin antes facer un pequeño esprin ó longo do camiño, virar á esquerda e facer un divertido doble.

Info circuito

  • Ubicación Santa Cristina
  • Dificultade ★★★★★★☆☆☆☆
  • Estado Ciclable 100%
  • Revisado 06/11/2022
  • Escapatorias 100%
  • Distancia 861 m
  • Idade 12 - ∞
NOTIFICA INCIDENCIA / ESTADO
IMAXES DO CIRCUITO
VIDEO ONBOARD

Recomendacións

Restriccións

Máis circuitos

DH Dientes

Free

Mini DHU

Piedrote