Sinopse

Ollando hacia o aparcamento da fonte de Balmao e deixando Sarria ás nosas costas no sentido das agullas do reloxio, á dereita do DH, atopámonos co FREE.

Comezamos cun pequeno pedaleo que nos leva a unhas taboas cun cortado rodable e de seguida nos adentramos no pinar, cun pequeno salto, seguido de tres peraltes de medio metro e dúas mesetas que despóis doutro pequeno chimpo, nos deixa nunha pista principal, a cal cruzamos.

Logo doutro pequeno pedaleo, e xa dentro do pinar, agárdanos o antigo e inhabilitado Wallride, vixiante tas un chimpiño e tres peraltes máis, que  apenas nos deixa coller folgos para encarrilar unha sucesión de aloucados escalóns e peraltes que nos botan a unha pista principal. Tras un apretón de cinco segundos de máximo pedaleo, tentamos superar as dúas mesetas e tres dubbies que, o noso descendedor Mourelo, recentemente deseñou para que, calquera que queira, practique cómodamente o arte de chimpar (verticalmente falando).

Chegados a este punto e case sin folgos xa, retomamos o descenso adentrándonos de novo no pinar enlazando tres curvas e outra recta de máximo pedaleo, para así atoparnos cun salto a unha bañeira, con curva de esquerdas e aparecer no mítico "Foso da Morte", que nos fai desfrutar ó máximo nivel, seguido de outro pequeno salto e un cruce de camiño tras do cal, nos recibe un salto cego, e digo CEGO con maiúsculas xa que, se non o coñeces, ás quedar prácticamente parado, e se o coñeces, volarás a cegas para, virando a pouco á esquerda, salir lanzado carreiro abaixo ata un pequeno salto que axuda a cruzar outro Camiño.

Collemos folgos unhos metros e despóis dun cortado, que se pode esquivar fácilmente, e dous ou tres saltiños máis, chegamos á zona crítica do circuito que é, a única trialeira do noso monte, onde cada un se pon o seu nivel de dificultade, según a velocidade e o atrevemento de cada "endureta".

Cruzamos a pista principal e afrontamos unha sesión de pequenos cortados, saltos e peraltes de pequena destreza pero sí, con posibilidades de alta velocidade, para así chegar ata o aparcamento.

A coller folgos, comentar as xogadas e sorrir de orella a orella para baixar esas 180 pulsaciós de satisfacción.

Info circuito

  • Ubicación Santa Cristina
  • Dificultade ★★★★★★★☆☆☆
  • Estado Ciclable 100%
  • Revisado 06/11/2022
  • Escapatorias 90%
  • Distancia 1.191 m
  • Idade 12 - ∞
NOTIFICA INCIDENCIA / ESTADO
IMAXES DO CIRCUITO
VIDEO ONBOARD

Recomendacións

Restriccións

Máis circuitos