Sinopse

Comezamos descendendo sen dificultades ata atoparnos cunha roca que te pode lanzar ata unha curva de 90º, aínda que se ver perfectamente e é facilmente esquivable (ubicase no final da primeira recta larga).

Logo de sortear un par de curvas máis, e un pequeno llaneo, o terreo vóltase un pouco máis empinado e cheo de pequenas mesetas de apenas unha cuarta, que che pedirán bombear e coller velocidade ata chegar a dúas mesetas de 6 ou 7 metros de longo, ás que chegarás a máxima velocidade (e que vas querer facer 20 veces xa que lanzan á perfección dando marxen infinito de aprendizaxe)  Seguido verás dous peraltes de medio metro de alto que che farán disfrutar coma se estiveses nunha auténtica montaña rusa, ou galega para ben ser.

Así, achegámonos a un peralte natural no medio dunha carballeira que atopámonos nunha zona utilizada para coller aire. Neste punto, o circuito divídese en dúas variantes:

Á esquerda, o Trosky (en construcción) e á dereita, volvemos a arrincar nunha baixada a modo de lanzadeira tras a que despóis de cruzar un camiño natural, atopámonos con un segundo sector con un salto e tres superperaltes que che van a lanzar a outro salto, ambos rodables, ata cruzar o camiño, na zona do “Pilón”.

Entramos novamente no pinar e despóis de catro curvas laterales, chegamos a outras catro, con megaperaltes naturáis que nos meten de cheo no Hollytros, unha zona con dúas bañeiras con sendos saltos largos para, uns metros más abaixo, sair novamente á pista principal que, tras cruzar e tirarnos cabeza abaixo por un peralte de dereitas seguido dun pequeño salto e sin dar tempo a coller respiro, o famoso Salto da Anilla, afrontar un terraplén e un cortado seguido dunha meseta de aproximadamente cinco metros.

Todo esto para rematar no aparcamento, zona de meta e inicio de remontes. Destacar que todo o circuito se pode baixar nunha XC a excepción do cortado, que si ben lle da un nivel medio-alto ó circuito, xa se ve dende o aparcamento antes de subir ó monte e sempre se pode evitar, collendo a variante ó cruzar á pista principal e coller a variante da Esquerda, que pertenece a outro circuito e que é más sinxela e rodable ó 100%.

Info circuito

  • Ubicación Santa Cristina
  • Dificultade ★★★★★★★☆☆☆
  • Estado ¡Cerrado!
  • Escapatorias 95%
  • Distancia 1.146 m
  • Idade 12 - ∞
NOTIFICA INCIDENCIA / ESTADO
IMAXES DO CIRCUITO
VIDEO ONBOARD

Recomendacións

Restriccións

Máis circuitos

DH Dientes

Free

Mini DHU

Piedrote