Mini DHU
Dentro do programa do DHU Vila de Sarria ten cabida como non un circuito especial adicado os máis cativos cun formato urbán no que constan de estructuras de madeira de diferentes formas ( dubbies, miniescaleiras, minisaltos con meseta e recepción) con toda a seguridade dentro da dificultade técnica razonable para un neno.
O circuito é acorde ás condicións naturais dos participantes, sen excesivas pendentes nin perigos para a integridade dos participantes.
Dentro da inscripción da proba contarase cun avituallamento líquido e sólido na meta, un seguro federativo e de accidente. Trofeos para os vencedores por modalidades, premios de regalo.
O evento estará retransmitido en streaming e nunha pantalla xigante con cámaras por todo o cirucuito para a sua realización.
- Sarria
- ★★☆☆☆☆☆☆☆☆
- Ciclable 100%
DH Molinos
En proceso de mellora de tramos. En breve actualizaremos a info do circuito.
- O Páramo
- ★★★★★★★★☆☆
- Ciclable 50%
DH Urbano Vila de Sarria
O Descenso Urbano Vila de Sarria ( DHU) nace en 2012 grazas ao esforzo do club de ciclismo DH. Galicia ( dhgteam), á colaboración dos patrocinadores a Deputación de Lugo e o Concello de Sarria.
9 edicións consecutivas disputadas durante a época de verán (xullo e agosto), a cal fan que exista unha gran afluencia de público e corredores na Vila de Sarria (Lugo) en parte por ser a porta de entrada ao Camiño Francés, onde cada día centos de peregrinos empezan a súa viaxe a Santiago. Ademais de ser un dos puntos galegos que conta con maior número de servizos para a acollida de turismo, posúe un rico patrimonio artístico e unha variada gastronomía que o converte no emprazamento ideal para levar a cabo esta iniciativa. O circuíto transcorre desde o punto máis alto da cidade: “O campo da feira” cruzando o centro histórico polo roteiro xacobeo ata o Paseo de “O Malecón” finalizando este en unha illa fluvial en pleno centro.
Por tratarse dun circuíto con máis de 100 módulos de madeira de características únicas a nivel nacional. Saltos sobrevoando un camión ou coches, cortados desde o tellado dunha casa ou desde unha ponte que cruza un río, descenso sobre unha escalinata de pedra, wallrides, etc ...é considerado o mellor descenso de España por moitos deportistas, público e prensa.
Dous días de moita adrenalina e espectáculo fan que se converteu nun evento que non defrauda e cuxa organización non falla pola xa adquirida experiencia. Máis de 60 persoas na organización: azafatas, comisarios de carreira, remontadores, persoal de mantemento, seguridade, asistencia médica, etc..
Esta afluencia de público dota ao evento dun atractivo na que un dos puntos fortes en promoción mediática e audiovisual a través dunha pantalla LED de 4,5 m x 2,5 m con emisión en directo por streaming (cámaras fixas, moviles e drons) e amplificación de son de 5000 W (xestionada por profesionais encargados da “Volta a Galicia”) nas que un speaker amenizará o espectáculo durante entrenos e carreira.
Recentemente premiado no Gala Ciclismo Galego ́17 pola Federación Galega de Ciclismo como Mellor Evento Deportivo.
- Sarria
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 100%
