A proba DH Molinos forma parte da Copa de España de BTT Descenso e celebrarase en Páramo o vindeiro 26 de abril de 2026. Trátase dunha competición de ámbito estatal que reunirá a corredores de diferentes categorías nun circuíto deseñado para ofrecer un alto nivel técnico e deportivo.
Datos xerais da proba
Data: 26 de abril de 2026
Hora de saída: 10:30
Lugar: Páramo
Organiza: DH Galicia
Categorías
A proba está aberta ás seguintes categorías: Sub-23 feminina e masculina, Elite UCI, Elite feminina e masculina, Junior feminina e masculina, Cadete feminina e masculina, Infantil feminina e masculina, así como todas as categorías Máster (30, 40, 50 e 60, femininas e masculinas).
Inscricións
Procedemento: A través da web da Federación
Data límite: 21 de abril de 2026 ás 23:59
Límite de participación: 300 corredores
Condición: Só poderán participar corredores federados
Importe:
Infantís e Cadetes: 40 €
Resto de categorías: 50 €
Non se permitirán inscricións o día da proba.
Recollida de dorsais
Data: 25 de abril de 2026
Horario: De 08:00 a 09:00
Horarios
Venres 24 de abril
O circuíto permanecerá pechado ata o mediodía
Revisión do circuíto: de 16:00 a 19:00
Sábado 25 de abril
Entrega de dorsais: de 08:00 a 09:00
Adestramentos:
De 09:00 a 13:00
De 15:30 a 19:30
Domingo 26 de abril
Adestramentos oficiais: de 08:45 a 10:15
Manga clasificatoria: 10:30
Manga final: 12:30
Entrega de premios: 14:30
Normativa específica
Na categoría infantil será obrigatorio o uso de bicicleta con horquilla simple, non estando permitido o uso de sistemas de suspensión dobre, de acordo coa normativa vixente.