Escola MTB

¡apostamos pola canteira!

Escola MTB dhgTEAM

Escola DHG – Curso de iniciación MTB

¡A Escola DHG empeza de novo!
Unha escola de carácter non competitivo onde poderás divertirte mentres aprendes da man de monitores con formación específica en ciclismo.

¿Que é a Escola DHG?

Somos unha escola especializada en BTT cun enfoque integral: combinamos a aprendizaxe das principais disciplinas do ciclismo — XC, Enduro e DH — para que o alumnado desenvolva unha base sólida e versátil.

Valores e seguridade

Traballamos desde a seguridade, o respecto e o traballo en equipo, promovendo hábitos saudables e convivencia positiva en cada sesión.

¿Para quen é?

Idades: a partir de 5 anos

Requisito mínimo: saber andar en bici sen ruedíns

Niveis: grupos e contidos adaptados ao nivel de cada neno/a

Opción específica +14 anos

Para maiores de 14 anos, dispoñemos de clase específica de Enduro/DH en circuíto, os sábados pola mañá, con remonte en furgoneta.

Coberturas

Seguro individual para cada participante

Ficha deportiva na Federación Galega de Ciclismo

Organización do curso

Data de inicio: outubro 2025

Duración por sesión: 1 h · 1,5 h · 2 h (segundo grupo/idade)

Prezos mensuais:

25€/mes (1 hora)

35€/mes (1,5 horas)

45€/mes (+14 anos, 2 horas con remonte)

IMPORTANTE:  Prazas limitadas, preferencia según orde de preinscripción e horarios estimados en función dos inscritos.

formulario de PRE-INSCRIPCIÓN

Patro do mes



Séguenos