Video resumo Dirt Vila de Sarria 2024

A edición do Dirt Vila de Sarria 2024 contou coa participación de destacados ciclistas nacionais e internacionais, quen eloxiou a organización e o ambiente do evento. A afluencia de público superou as expectativas, consolidando ao Dirt Vila de Sarria como unha cita imprescindible para os amantes dos deportes extremos. Para aqueles que desexen revivir os mellores momentos do Dirt Vila de Sarria , compartimos o seguinte vídeo que captura a emoción e a enerxía deste evento único:

Diego Solans coroase no Dirt Vila de Sarria 2024

O pasado mes de xullo, a localidade lucense de Sarria foi o epicentro do mellor dirt jump coa celebración do Dirt Vila de Sarria 2024. Nunha competición chea de emoción e trucos espectaculares, o rider Diego Solans alzouse coa vitoria tras unha rolda impecable que conquistou tanto ao xurado como ao público.

O segundo posto foi para o experimentado rider internacional Carolo, quen amosou a súa calidade con manobras de alto nivel. Pechando o podio, o portugués Nuno Pintas demostrou o seu talento cunha gran actuación que lle valeu a terceira praza.

O evento, que reuniu a algúns dos mellores especialistas da disciplina, na sua primeira edición convirtese nunha das citas imprescindibles do dirt jump en España. O clube DH Galicia agradece o patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Sorteo de bicicleta DHU Vila de Sarria

Istes son os números premiados do sorteo da bici no 𝐃𝐇𝐔 𝐕𝐢𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐫𝐫𝐢𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟒. No caso de non aparecer o primeiro, nun prazo dun mes, se pasaría o número reserva:

 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐚𝐝𝐨: 0041
 𝐑𝐞𝐬𝐞𝐫𝐯𝐚: 1050

O gañador pódese poñer en contacto con nos no correo: info@dhgteam.es

Adrenalina e Altura: Dirt Vila de Sarria, o Espectáculo do Dirt Jump

[𝐃𝐈𝐑𝐓 𝐕𝐈𝐋𝐀 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐑𝐑𝐈𝐀] Sábado 13 de xullo, na zona da Avenida poderemos disfrutar dos entrenos e competición de dirtjump patrocinado pola Vicepresidencia da Diputación de Lugo.

 Data: 𝟏𝟑 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟒
 Lugar: 𝐒𝐚𝐫𝐫𝐢𝐚
 20:00 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐃𝐢𝐫𝐭𝐣𝐮𝐦𝐩

Participan:

Anunciamos data para o DH Molinos 2024

Xa podemos anunciar nova data para a proba que se disputará no monte do Páramo dentro da Copa Galicia da Federación Galega de Ciclismo.
 
Data: 𝟐𝟑 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟒
09:00 a 14:00 23/03 𝐑𝐞𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞𝐬
15:00 23/03 𝐌𝐚𝐧𝐠𝐚 𝐜𝐥𝐚𝐬𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚16:30 23/03 𝐌𝐚𝐧𝐠𝐚 𝐟𝐢𝐧𝐚𝐥
Lugar: 𝐎 𝐏𝐚́𝐫𝐚𝐦𝐨
 

Escola MTB 23-24

Arrinca unha nova tempada 2023-24 de cursos MTB de iniciación en Sarria. Abrimos a pre-inscripción para apuntarse dende o 𝟔 𝐨 𝟏𝟕 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨.
 
Preinscripción: aqui.
 
𝑰𝒏𝒇𝒐𝒓𝒎𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒐 𝒅𝒆 𝒊𝒏𝒊𝒄𝒊𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝑴𝑻𝑩:
 
  • Monitores altamente cualificados.
  • Varias zonas para a práctica do MTB (todas no casco urbán de Sarria, incluindo ubicación cuberta).
  • Distintos niveis de aprendizaxe (requisito mínimo: andar sen ruedíns e ter entre 4 e 14 anos).
  • Seguro individual.
  • Data inicio: Outubro
  • Duración: 1 hora (4-6 anos) 1,5 hora (7-14 anos)
  • Prezo: 20€/mes (4-6 anos) 25€/mes (7-14 anos)
  • Despois da preinscripción iremos contactando cos pais/titores para facer os grupos adaptados as idades e niveis dos cativos.