IV Trofeo federación DHI

O pasado fin de semana disputouse en Manzaneda o IV Trofeo Federación DHi, na que  de novo (esta vez en Copa Galicia) Iván Mourelo continuaba mantendo o liderato cun primeiro posto en Master 30 (6º na xeral) e do mesmo xeito que en campionato Galego Adrian López subía o podium para ocupar a terceira posición na categoría Enduro.

Consulta os tempos aquí:

Clasificación Absolutos

DHU Vila de Sarria 2022

Volve a esperada cita por moitos na que de novo imos vestir de madeira 𝗦𝗮𝗿𝗿𝗶𝗮 para dar paso a un evento espectacular.
Un circuito urbano categorizado por moitos como o 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝗽𝗮𝗻̃𝗮…
Se queres saber por qué, tes unha cita en Sarria o  𝟯𝟬 𝗲 𝟯𝟭 𝗱𝗲 𝗫𝘂𝗹𝗹𝗼.

O dhgteam arrasa no Campionato Galego

De novo boas novas para o clube DH . Galicia onde o fin de semana pasado se disputaba o campionato Galego no Bike Park de Manzaneda cunha participación de case 150 riders, dos cales 10 eran do DHGTEAM.

Na categoría Master 30 Iván Mourelo, cunha racha de tres vitorias seguidas, proclamouse campión galego cun tempo de 2:31,996. 

Por outra banda,  o podium de Adrián López (2:50,543) en Enduro, que destaca cunha gran proxección.

 

 

Consulta os tempos do Campionato Gallego 2022:

Clasificación Categorias

Clasificacións absolutas

Iván Mourelo mantén o liderato na Copa Galicia tras o gañar o DH Molinos

Este fin de semana disputouse no monte do Páramo o DH Molinos, segunda proba da Copa Galicia organizada polo club DH. Galicia. 

Gran representación do club organizador e moi bos resultados para os riders locales, cun primeiro posto absoluto para Iván Mourelo cun tempo de 03:22,234 seguido de Kevin Méndez con 03:23,024 e Zoe del Rio con 03:23,258.

 

 

Podium local tamén para o corredor David Gómez na categoría Enduro e para Jorge López en Sub23 ambos nunha 3ª posición no caixón e o esperado debut de Carlos Diaz cun merecido 2º posto na categoría Infantil.

Dende o club DH Galicia queremos agradecer a tódolos integrantes e voluntarios que participaron activamente durante a proba para que se levara a cabo e aos patrocinadores e comuneros do monte.

 

Tempos DH Molinos 22 (pdf. 1,58 MB)

DH Molinos `22 :: Ubicación – Paddock – Info

HORARIOS

Sábado

16:00 – Recollida dorsais

15:30 – 19:30 Adestramentos libres 15:30 – 19:30

 
Domingo
 

09:00 – 10:00: Recollida dorsais

08:30 – 10:30 Adestramentos oficiais

11:00 Manga clasificatoria

12:30 Manga final

 
PUNTO DE PARTIDA E CHEGADA
 

Alto da serra do Páramo (muiño vento nº4) meta no depósito de auga de torre.Recomendamos coller a saída nº24 onde pon (Sarria – Paradela) no corredor LU-633.

 

PADOCK

O paddock ubicarase na zona de partida do circuito no alto da serra do Páramo. Prégase encarecidamente non subir coches más que os que sexan estrictamente necesarios.

 

zona de saida e paddock

Montefaro Enduro Race ´22

Este fin de semana o DH. Galicia desprazouse a disputar o Montefaro Enduro Race os municipios de Mugardos e Ares, proba organizada por o C.C. Pulpeiros Mugardos. Un enduro técnico e físico a vez que divertido, co plus dun entorno paisaxistico digno de ver.

A proba puntuable na Copa de España de Enduro foi representada polo DHGTEAM por Adrian Fernández del Moral e Jorge Dans.

Agora descansar e coller forzas, para o próximo fin de semana que se disputará o DH Molinos en O Páramo. ¡Vémonos pronto!