Na fin de semana do 21 e 22 de setembro celebrouse nos montes do Páramo a carreira da casa, Molinos e eu como bon DHG non ma quería perder.
O plan para o fin de semana era basicamente voltar dunha peza, tanto eu como a bici, xa que é por todos sabido que a miña habilidade pa romper cousas supera con creces a miña habilidade na bici.
O sábado arredor das 3 da tarde acerqueime ata o paddock, este ano situado na zona de meta, saquei a Banshee do coche, monteina e salin para os remontes donde me atopei con Nuty, gran quesero, mellor persona, e empezamos a entrenar xuntos.
Tras un par de baixadas, atopeime comodísimo no circuito, con un ritmo bon e facendo saltos que noutras ocasións non fixera, motivadísimo e confiado, pobre diablo…
A partir de aquí todo empezou a decaer, un pinchazo fixome perder moito tempo xa que tiven que ir o paddock, meter mechas, botar líquido, dar aire de novo, etc. Cheguei arriba e o circuito estaba bastante embarrado e cambiado tras o paso dos corredores, na zona final de pedras a linea que levaba utilizando nas últimas baixadas nin existía xa. Ca chuvia molestando, o circuito algo resvaladizo decidín poñer punto final aos entrenos e baixei ata sarria pa tomar unha merecida cervexa.
O día seguinte madrugamos e as 8:30 am recollemos os dorsais e dispoñemonos a facer as derradeiras baixadas de entrenamento. Eu concretamente soamente fixen dúas intentando non cansar as mans para as mangas finais e estar o mais fresco posible.
Chegada a hora das mangas tocabame saír dos primeiros, a categoría enduro, danme a saída e fago unha baixada sen erros pero sen apretar nin arriscar, hai que gardar balas que falta fan, o circuíto é largo e cunha bici de enduro fatiga máis da conta.
No momento da verdade, na segunda manga, nada mais saír saíuseme unha cala, a cal tardei en correxir, polo demais fixen unha boa baixada, intentando que a bici correra, bombeando e tratando de debuxar o máximo posible, e en canto a pista o permitía…. pedaleaba como Indurain.
Todo iba perfecto ata que tiven que adiantar a un corredor, a verdade é que o fixo o mellor posible e rápidamente apartou, pero sempre perdes algo de tempo nesas peripecias. Seguin facendo unha boa baixada ata que no final, a dez metros da meta, na alternativa do cortado de meta, algo me tocou na roda, unha pedra, unha raíz ou “David el Gnomo” cunha vara e salín de orellas caendo no fondo do terraplen, ahí perdín moitisimo tempo, pero subin pola bici e rematei a carreira.
Cheguei a meta,entregolle o chip a Melenas,e xusto o que me temía… non queda cervexa… Desholado vou o parking cambiarme e volvo a zona de meta ver que tal lles foi o resto de DHGs, Mou, Nuty e Michel e a sorpresa ca que me atopei foi que na categoría enduro houbo tal carnicería que quedei terceiro.
Houbérame gustado máis conseguir un podio cunha baixada limpia, pero as carreiras son así e hai que chegar abaixo. Noraboa a Mou por o baixadón que fixo, que grande é o tipo, e sobretodo noraboa a Nuty por gañarme na nosa porra personal, déboche unha cena.