Sinopse
Temos ante nos o mítico Flow, que como ben indica o seu apodo, é todo FLOW.
Nada máis comezar e no mesmo intre que atravesamos a pista, xa nos tiramos dunha rocha que nos lanza para coller velocidade, subir e baixar outra de maiores dimensións e, o facer unha curva rocosa para lanzarnos no primeiro salto cego seguido de outro non tan cego e separados por unhos escasos vinte metros e un codo de noventa graos.
Sen coller folgos entramos nunha zoa de tres curvas con bon peralte e outro salto que nos leva a cruzar a pista principal, entrando a máxima velocidade novamente no pinar, cun pequeno salto, que nos lanza pegadiños a unha destás árbores.
Tres curvas ben peraltadas seguidas, unha reta con pequena pendente seguida de outra curva máis para afrontar un gran salto cego e largo, atopándote de seguido con gran peralte e un sector de curvas sucesivas. Despóis de atravesar un camiño, meterse no pinar, outras dúas curvas máis. De seguido unha recta para esprintar e saltar despóis doutro cruce de camiño.
Apenas un par de segundos para coller aire e o terreo vira más empinado ainda nunha consecución de xiros e pequenos saltos con moito flow para chegar, á zona de meta, non sin antes facer un pequeño esprin ó longo do camiño, virar á esquerda e facer un divertido doble.
Información
- Ubicación Santa Cristina
- Dificultade ★★★★★★☆☆☆☆
- Estado Ciclable 90% (algo roto)
- Revisado 30/11/2024
- Escapatorias 100%
- Distancia 861 m
- Idade 12 - ∞
IMAXES DO CIRCUITO
VIDEO ONBOARD
Recomendacións
- É obrigatorio o uso de casco sendo á súa vez recomendado o uso de xeonlleiras, codeiras e espaldeira.
- Comproba os freos para poder baixar con seguridade.
- Asegura a presión das rodas.
- Presta atención nos cambios de sector por si se cruza un vehículo ou persoa polo camiño.
- É recomendable facer un recoñecemento previo dos circuitos polos posibles obstáculos ou imprevistos que poida haber.
- Se cívico e dá exemplo, respeta este espazo, ás persoas e animais do monte.
Restriccións
- Idade mínima recomendable: 12 anos, os menores de idade e recomendable que sexan acompañados por un titor.
- Só poderan facer uso dos circuitos ciclistas federados pola federación española / galega de ciclismo.
- O deportista e usuario deste espazo asume o risco que leva a práctica deste deporte.
- Prohibido fumar.
- No tires lixo, deixa o monte como está.
- Prohibido o uso de vehículos de motor polos circuitos.
Máis circuitos
Troski
- Santa Cristina
- ★★★★★★★★☆☆
- Ciclable 100%
DH Dientes
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 100%
Free
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 20%
Mini DHU
- Sarria
- ★★☆☆☆☆☆☆☆☆
- Ciclable 100%