Sinopse

Á dereita do President, sempre se atopa xente de confianza e similar en gobernanza así que, deste mesmo xeito e dirección temos o noso Jarchas, similar en percorrido e lonxitude, compartindo parrilla de saida pero, agochado á súa dereita, pasando desapercibido.

Non é sinxelo atopar a súa saída xa que discorre por un pequeño sendeiro cheo de reviretes polo medio do pinar ata que, logo de tirarlle a unha rocha, se é que a viches con antelación, chégase a un punto do que, se segues recto e atravesas un camiño

Comezas a descender por un sendeiro que te leva ata o noso preciado pobo, atravesando un túnel e unha calzada romana pero eso só o poderás disfrutar si eres do val ou se aparcaches no dirtjump do Mazadoiro.

Retomamos o punto no que, despóis dunha recta, nos cruzamos o Camiño e viramos á esquerda. Más subebaixas, pequenas rochas, e algún cotadiño e ahora sí, cruzamos a pista principal, un pequeño repeitiño e o sendeiro vira rematadamente descendente alcanzando máxima velocidade.

Unha rocha á esquerda sérvenos de salto virando á dereita, outro salto, un cruce de camiño e outro salto máis a máxima velocidade, non estando un seguro de poder frear no momento que sexa necesario, e ese momento chega, con gran pendente e terreo solto, pero o suficientemente terroso como para sacarche ese sorriso que as veces che sae, cando todo sae ben… ben xustiño.

Curva sobre curva, outro saltiño, bombeo, apoios e así ata cruzar outro camiño e verte encañonado entre rochas e carballos, para sair nun cortado á meta. Esperas polo compañeiro e empezas a comentar as fazañas da baixada, berrando como si o casco da bici non che deixase oír o que ti mesmo estás a dicir. E volta para arriba.

Información

  • Ubicación Santa Cristina
  • Dificultade ★★★★☆☆☆☆☆☆
  • Estado Ciclable 100%
  • Revisado 30/11/2024
  • Escapatorias 95%
  • Distancia 1.067 / 690 m
  • Idade 12 - ∞
UBICACIÓN
IMAXES DO CIRCUITO

Recomendacións

Restriccións

Máis circuitos

Troski

DH Dientes

Free

Mini DHU