Sinopse
Ubicado baixo a ponte do Mazadoiro, xusto a entrada de Sarria según se ven de Lugo, sita o Pumptrack do Mazadoiro. Aquí encontramos (a parte do dirtjump do que se fala noutra entrada) un circuito de 70m adaptado a esta disciplina do ciclismo.
O circuito, feito de terra moi compactada, dispón de varios dubbies que xunto con dous grandes peraltes conseguiremos garantir a máxima velocidade a través de inercias cas mínimas pedaladas.
Un sitio perfecto para practicar a técnica sobre a bicicleta, xa que sen necesidade de desprazarnos deste lugar (ubicado a escasos metros do centro de Sarria) poderemos mellorar considerablemente as nosas capacidades sobre as duas rodas. Todo esto apto para tódalas idades.
Información
- Ubicación Sarria
- Dificultade ★★☆☆☆☆☆☆☆☆
- Estado Ciclable 100%
- Distancia 70 m
- Idade 6 - ∞
IMAXES DO CIRCUITO
Recomendacións
- É obrigatorio o uso de casco sendo á súa vez recomendado o uso de xeonlleiras, coderas e espaldera.
- Non uses rodas de moito taco nin camiñes por encima dos montículos.
- Comproba os freos para poder baixar con seguridade a pasarela de acceso.
- Os peóns teñen un acceso a traves da escaleira, non facer uso da rampla.
- Se cívico e dá exemplo, respeta este espazo e ás persoas.
Restriccións
- Idade mínima recomendable: 16 anos. O acceso ás instalacións dos menores de 10 anos deben ser tuteladas por un adulto.
- Coida este espazo, non tires lixo e fai uso das papeleiras.
- Non aparques a bici na pista.
- Suxeitade os cans con correa para evitar que se metan ao circuíto.
- Este espazo non debe ser usado máis que para a práctica da bicicleta.
Máis circuitos
Troski
Despois de un ano e medio de moito traballo co impulsor do noso compañeiro Tros e a gran axuda da maquinaria DHG (pala, Chisco e moitas mans dos nosos socios DHGs), presentamos o último circuito dos máis divertidos e o mais longo de Santa Cristina bautizado por Trosky (dándolle nome o seu deseñador).
Sen dúbida é máis semellante a un bike-park, diversión de principio a fin cun traballo ben feito con todo detalle.
Comeza no xeodésico do monte subindo lixeiramente nunha especie de pasarela de terra coroando un penedo de máis de 2m de diámetro para descender sobre él hacia unha especie de escalon doutro penedo. Primeiro peralte cerrado de esquerdas no que fai comprimir a bici no seu vértice despois de haber baixado os penedos. Xa se empeza a notar o aumento de ritmo apoiando lixeiramente nun peralte corto do lado esquerdo para tirarse rápido de seguido a outro do lado dereito (os dous son sen moita circunferencia), envolvéndonos no segunte peralte de dereitas con saída de salto para recepcionar na entrada do seguinte de esquerdas e veña saltar de novo enlazando outro de dereitas ca mesma saida. Hai que illar moi ben estes anteriores para sía gañando máis velocidade e saltando hacia un mega-peralte de 15 metros trazando nunha circunferencia que parece que se fan 180 grados como se fora un wallride de terra interminable. Saes para coller un peralte máis cerrado e pequeno de dereitas, apoiamos noutro peralte máis dereito para enfilar unha empalmada que a meseta de rocha pequecha de 2m longo pero sin problema. De seguido afrontamos outra emplamada que na rampla , a parte final é unha rocha cun pequeno cortado de menos de medio metro de fondo deixando unha meseta (2m) con rochas de forma irrgular que se non a saltas hai que coller unha alternativa pola dereita. Según recepcionas deseguido ten un peralte de esquerdas que hai que meter un par de pedaladas para tirarlle a un dobre pequeno, senón coñeces o primeiro é mellor rodalo, pero sabendo del o seu é empatalo. Veñen peraltes pequenos e a continuación encarar o salto do camiño cun cortado de 1 m, saltase perfectamente (con alternativa a esquerda).
O recpecionar a velocidad triplicase e metémonos nun perarlte de esquerdas grande, despois veñen sucesivos todos a moita velocidade para dar pasa o un pequeno salto que comparte sector. Duas mesetas grandes, peraltes de esquerdas ... cruzamos unha pista que o sair hai un pequeno cortado de medio metro e despois un salto con buratiño pequeno no que hai que levar velocidade (con alternativa). O recepcionar encaramos outro salto a moita velocidade e empeza o terreo a coller máis desnivel con peraltes seguidos. O saír duas mesetas grandes e outro peralte de dereitas no que hai que ir moi embalado para encarar un salto largo e facer un step-up de rampa tipo dirt de 4 metros.
Descendemos lixeiramente hacia outro sector, despois de cruzar o camiño hai una empalmadiña donde embalamos para facer un peralte de esquerdas longo, e a continuación veñen 6 dubbies. Saimos con peraltes e un salto pequeno a un camiño no que hai que pedalear para facer un salta de meseta que no medio recepionas para facer unha rampa de saída da mesma meseta. Recepcionas encarando un peralte de esquerdas con saida de salto tipo transfer, aproveitando a recepción do transfer tócanos dar as últimas pedaladas para facer un mini dobre cun saltiño con peraltes despois. Vamos adentrando nunha carballeira collendo velocidade polo sendeiro estreito, con varias reviradas.
Finalmente chegamos a meta compartida cos circuitos de Guillade, Dientes e Free, cunha sensación de haber montado nunha montaña rusa e con gañas de repetir.
- Santa Cristina
- ★★★★★★★★☆☆
- Ciclable 100%
DH Dientes
Comezamos descendendo sen dificultades ata atoparnos cunha roca que te pode lanzar ata unha curva de 90º, aínda que se ver perfectamente e é facilmente esquivable (ubicase no final da primeira recta larga).
Logo de sortear un par de curvas máis, e un pequeno llaneo, o terreo vóltase un pouco máis empinado e cheo de pequenas mesetas de apenas unha cuarta, que che pedirán bombear e coller velocidade ata chegar a dúas mesetas de 6 ou 7 metros de longo, ás que chegarás a máxima velocidade (e que vas querer facer 20 veces xa que lanzan á perfección dando marxen infinito de aprendizaxe) Seguido verás dous peraltes de medio metro de alto que che farán disfrutar coma se estiveses nunha auténtica montaña rusa, ou galega para ben ser.
Así, achegámonos a un peralte natural no medio dunha carballeira que atopámonos nunha zona utilizada para coller aire. Neste punto, o circuito divídese en dúas variantes:
Á esquerda, o Trosky (en construcción) e á dereita, volvemos a arrincar nunha baixada a modo de lanzadeira tras a que despóis de cruzar un camiño natural, atopámonos con un segundo sector con un salto e tres superperaltes que che van a lanzar a outro salto, ambos rodables, ata cruzar o camiño, na zona do “Pilón”.
Entramos novamente no pinar e despóis de catro curvas laterales, chegamos a outras catro, con megaperaltes naturáis que nos meten de cheo no Hollytros, unha zona con dúas bañeiras con sendos saltos largos para, uns metros más abaixo, sair novamente á pista principal que, tras cruzar e tirarnos cabeza abaixo por un peralte de dereitas seguido dun pequeño salto e sin dar tempo a coller respiro, o famoso Salto da Anilla, afrontar un terraplén e un cortado seguido dunha meseta de aproximadamente cinco metros.
Todo esto para rematar no aparcamento, zona de meta e inicio de remontes. Destacar que todo o circuito se pode baixar nunha XC a excepción do cortado, que si ben lle da un nivel medio-alto ó circuito, xa se ve dende o aparcamento antes de subir ó monte e sempre se pode evitar, collendo a variante ó cruzar á pista principal e coller a variante da Esquerda, que pertenece a outro circuito e que é más sinxela e rodable ó 100%.
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 100%
Free
Ollando hacia o aparcamento da fonte de Balmao e deixando Sarria ás nosas costas no sentido das agullas do reloxio, á dereita do DH, atopámonos co FREE.
Comezamos cun pequeno pedaleo que nos leva a unhas taboas cun cortado rodable e de seguida nos adentramos no pinar, cun pequeno salto, seguido de tres peraltes de medio metro e dúas mesetas que despóis doutro pequeno chimpo, nos deixa nunha pista principal, a cal cruzamos.
Logo doutro pequeno pedaleo, e xa dentro do pinar, agárdanos o antigo e inhabilitado Wallride, vixiante tas un chimpiño e tres peraltes máis, que apenas nos deixa coller folgos para encarrilar unha sucesión de aloucados escalóns e peraltes que nos botan a unha pista principal. Tras un apretón de cinco segundos de máximo pedaleo, tentamos superar as dúas mesetas e tres dubbies que, o noso descendedor Mourelo, recentemente deseñou para que, calquera que queira, practique cómodamente o arte de chimpar (verticalmente falando).
Chegados a este punto e case sin folgos xa, retomamos o descenso adentrándonos de novo no pinar enlazando tres curvas e outra recta de máximo pedaleo, para así atoparnos cun salto a unha bañeira, con curva de esquerdas e aparecer no mítico "Foso da Morte", que nos fai desfrutar ó máximo nivel, seguido de outro pequeno salto e un cruce de camiño tras do cal, nos recibe un salto cego, e digo CEGO con maiúsculas xa que, se non o coñeces, ás quedar prácticamente parado, e se o coñeces, volarás a cegas para, virando a pouco á esquerda, salir lanzado carreiro abaixo ata un pequeno salto que axuda a cruzar outro Camiño.
Collemos folgos unhos metros e despóis dun cortado, que se pode esquivar fácilmente, e dous ou tres saltiños máis, chegamos á zona crítica do circuito que é, a única trialeira do noso monte, onde cada un se pon o seu nivel de dificultade, según a velocidade e o atrevemento de cada "endureta".
Cruzamos a pista principal e afrontamos unha sesión de pequenos cortados, saltos e peraltes de pequena destreza pero sí, con posibilidades de alta velocidade, para así chegar ata o aparcamento.
A coller folgos, comentar as xogadas e sorrir de orella a orella para baixar esas 180 pulsaciós de satisfacción.
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 20%
Mini DHU
Dentro do programa do DHU Vila de Sarria ten cabida como non un circuito especial adicado os máis cativos cun formato urbán no que constan de estructuras de madeira de diferentes formas ( dubbies, miniescaleiras, minisaltos con meseta e recepción) con toda a seguridade dentro da dificultade técnica razonable para un neno.
O circuito é acorde ás condicións naturais dos participantes, sen excesivas pendentes nin perigos para a integridade dos participantes.
Dentro da inscripción da proba contarase cun avituallamento líquido e sólido na meta, un seguro federativo e de accidente. Trofeos para os vencedores por modalidades, premios de regalo.
O evento estará retransmitido en streaming e nunha pantalla xigante con cámaras por todo o cirucuito para a sua realización.
- Sarria
- ★★☆☆☆☆☆☆☆☆
- Ciclable 100%