Pumptrack Mazadoiro
Ubicado baixo a ponte do Mazadoiro, xusto a entrada de Sarria según se ven de Lugo, sita o Pumptrack do Mazadoiro. Aquí encontramos (a parte do dirtjump do que se fala noutra entrada) un circuito de 70m adaptado a esta disciplina do ciclismo.
O circuito, feito de terra moi compactada, dispón de varios dubbies que xunto con dous grandes peraltes conseguiremos garantir a máxima velocidade a través de inercias cas mínimas pedaladas.
Un sitio perfecto para practicar a técnica sobre a bicicleta, xa que sen necesidade de desprazarnos deste lugar (ubicado a escasos metros do centro de Sarria) poderemos mellorar considerablemente as nosas capacidades sobre as duas rodas. Todo esto apto para tódalas idades.
- Sarria
- ★★☆☆☆☆☆☆☆☆
- Ciclable 100%
Dirtjump Mazadoiro
Ubicado baixo a ponte do Mazadoiro, xusto a entrada de Sarria según se ven de Lugo, sita o Dirtjump do Mazadoiro. Aquí encontramos (a parte do pumptrack do que se fala noutra entrada) tres liñas de saltos de aproximadamente 75 m de distancia.
A primera delas conforman dous saltos grandes acompañados de duas rampas con bo agarre e aseguradas o chan para que non se movan. Ambos saltos lanzan ben aínda que é moi recomendable ter certo dominio saltando para enfrentarse a eles. Unha longa rampa de baixada conseguera dar a suficiente velocidade para empatar o primeiro salto e ,se todo sae como se espera, facer o segundo sen problemas.
Despois, temos duas liñas de 3 saltos máis pequenos, ideales para empezar a collerlle o truco a este tipo de saltos.
Disponse dunha zoa de labado de bicis, totalmente de balde e unha máquina de vending para tomar algo mentres practicamos este deporte.
- Sarria
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 100%
