INSCRIPCIÓNS DHU
CARTEL DHU VILA DE SARRIA 2025


horarios DHU
Sábado 13
09:00 Apertura Market e zona Gastronómica
9:30 a 11:00 entrega dorsais Mini DHU
9:30 a 11:00 adestramentos oficiais Mini DHU
11:15 manga clasificatoria Mini DHU
12:30 manga final Mini DHU
16:00 a 20:00 adestramentos DHU
19:30 Finais Dirt Vila de Sarria
Concertos:
21:30 Thee Blind Crows
22:25 Drugos
23:20 Los Enemigos
00:45 Corvos Cegos
Domingo 14
10:00 a 14:00 adestramentos DHU
16:00 manga clasificatoria DHU
17:30 manga final DHU
INSCRIPCIÓNS
HORARIOS
DESCRIPCIÓN DA PROBA
INFORMACIÓN DA PROBA
Categorías: Sub23 Fem., Sub23, Máster 60 Fem., Máster 60, Máster 50 Fem., Máster 50, Máster 40 Fem., Máster 40, Máster 30 Fem., Máster 30, Júnior Fem., Júnior, Élite Fem., Élite, Cadete Fem., Cadete
Lugar: SARRIA
Data de celebración: 26/07/2025
Hora de saída: 16:00
Recollida de dorsais: 26/07/2025 desde as 9:30 ata as 14:00
Organizador: DH GALICIA, C.
INFORMACIÓN DA INSCRICIÓN
Importe da inscrición: 30,00 € – Só federados
Límite de participantes: 150 participantes
Proceso de inscrición: Formulario de inscrición na web da Federación
Data límite de inscrición: 24/07/2025 ás 15:00:00
Número actual de inscritos: 2
Correo para incidencias: berto@fgalegaciclismo.es
OBSERVACIÓNS
XII DHU VILA DE SARRIA 2025
– PREINSCRICIÓNS E INSCRICIÓNS:
O prazo de inscrición péchase o día 23 de xullo de 2025 ás 23:59:59
Fóra de prazo, con recargo de 30 €, ata o 24 de xullo de 2025 ás 15:00:00
– NORMATIVA
Toda proba competitiva celebrada baixo o amparo da FGC realizarase mediante preinscrición telemática.
Para as probas que se celebren durante a fin de semana, as preinscricións pecharanse o MÉRCORES anterior ás 23:59 horas.
As probas celebradas durante a semana, pecharán as preinscricións ata tres días antes da proba ás 23:59 (agás probas de BTT-Enduro).
Preinscricións fóra de prazo permítense de maneira extraordinaria coas seguintes condicións:
Para probas en fin de semana: ata o XOVES anterior ás 15:00.
Para probas entre semana: ata dous días antes da proba ás 15:00.
En ambos casos, cunha penalización de 10 € para categorías escolares (benxamín, promesa, principiante, alevín, infantil e cadete) e de 30 € para o resto de categorías.
Perda da praza na orde de saída, pasando a ocupar o último lugar na grella.
Está totalmente prohibido realizar inscricións fóra destes prazos.
Non se aceptarán inscricións nin pagamentos fóra de prazo nin o mesmo día da proba.

ubicación paddock dhu
dirt VILA DE SARRIA 2025

ZONA MÚSICA





ZONA PADDOCK
MAPA DHU

IMAXES DO CIRCUITO
Sinopse
O Descenso Urbano Vila de Sarria ( DHU) nace en 2012 grazas ao esforzo do club de ciclismo DH. Galicia ( dhgteam), á colaboración dos patrocinadores a Deputación de Lugo e o Concello de Sarria.
9 edicións consecutivas disputadas durante a época de verán (xullo e agosto), a cal fan que exista unha gran afluencia de público e corredores na Vila de Sarria (Lugo) en parte por ser a porta de entrada ao Camiño Francés, onde cada día centos de peregrinos empezan a súa viaxe a Santiago. Ademais de ser un dos puntos galegos que conta con maior número de servizos para a acollida de turismo, posúe un rico patrimonio artístico e unha variada gastronomía que o converte no emprazamento ideal para levar a cabo esta iniciativa. O circuíto transcorre desde o punto máis alto da cidade: “O campo da feira” cruzando o centro histórico polo roteiro xacobeo ata o Paseo de “O Malecón” finalizando este en unha illa fluvial en pleno centro.
Por tratarse dun circuíto con máis de 100 módulos de madeira de características únicas a nivel nacional. Saltos sobrevoando un camión ou coches, cortados desde o tellado dunha casa ou desde unha ponte que cruza un río, descenso sobre unha escalinata de pedra, wallrides, etc ...é considerado o mellor descenso de España por moitos deportistas, público e prensa.
Dous días de moita adrenalina e espectáculo fan que se converteu nun evento que non defrauda e cuxa organización non falla pola xa adquirida experiencia. Máis de 60 persoas na organización: azafatas, comisarios de carreira, remontadores, persoal de mantemento, seguridade, asistencia médica, etc..
Esta afluencia de público dota ao evento dun atractivo na que un dos puntos fortes en promoción mediática e audiovisual a través dunha pantalla LED de 4,5 m x 2,5 m con emisión en directo por streaming (cámaras fixas, moviles e drons) e amplificación de son de 5000 W (xestionada por profesionais encargados da “Volta a Galicia”) nas que un speaker amenizará o espectáculo durante entrenos e carreira.
Recentemente premiado no Gala Ciclismo Galego ́17 pola Federación Galega de Ciclismo como Mellor Evento Deportivo.
Información
- Ubicación Sarria
- Dificultade ★★★★★★★☆☆☆
- Estado Ciclable 100%
- Escapatorias 95%
- Distancia 1200 m
- Idade 14 - ∞
VIDEO DHU VILA DE SARRIA
Normas
- É obrigatorio estar federado con categoría competitiva.
- O material de protección obrigatorio é: casco integral, protección dorsal ou cervical, rodilleiras, manga longa, e ou codeiras, lubas compretas e gafas de pantalla.
- Dorsal na bicicleta e chip (facilitado pola organización do evento).
- O participante deberá avisar en caso de accidente ou outro corredor á organización, en caso de que esté nalgún punto no que non se haxa socorrido.
- As bicicletas usadas deben funcionar únicamente ca propulsión realizada polas pernas.
- Obrigatorio o uso do dorsal durante os entrenos e estar inscrito previamente.
- Os corredores están obrigados a ceñirse as indicacións e ordes do persoal da organización.
- Nos adestramentos han de ir con suficiente separación entre o corredor que precede para evitar a colisión.
- En carreira o corredor dobrado debe facilitar o adiantamento.
- Queda totalmente prohibido o uso da bicicleta durante o cerre do circuito.
- Queda prohibido permanecer no circuito detido xa que pode comprometer o tránsito dos corredores.
- Na zoa de meta débese desaloxar o antes posible para deixar libre a chegada dos corredores.
Máis circuitos
Troski
- Santa Cristina
- ★★★★★★★★☆☆
- Ciclable 100%
DH Dientes
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 50% La parte final está anulada.
Free
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 20%
Mini DHU
- Sarria
- ★★☆☆☆☆☆☆☆☆
- Ciclable 100%