INSCRIPCIÓNS DHU
CARTEL DHU VILA DE SARRIA 2026
horarios DHU
Sábado 13
09:00 Apertura Market e zona Gastronómica
9:30 a 11:00 entrega dorsais Mini DHU
9:30 a 11:00 adestramentos oficiais Mini DHU
11:15 manga clasificatoria Mini DHU
12:30 manga final Mini DHU
16:00 a 20:00 adestramentos DHU
19:30 Finais Dirt Vila de Sarria
Concertos:
21:30 Thee Blind Crows
22:25 Drugos
23:20 Los Enemigos
00:45 Corvos Cegos
Domingo 14
10:00 a 14:00 adestramentos DHU
16:00 manga clasificatoria DHU
17:30 manga final DHU
INSCRIPCIÓNS
HORARIOS
DESCRIPCIÓN DA PROBA
Información da proba
Categorías:
Sub23 Feminina, Sub23, Máster 60 Feminina, Máster 60, Máster 50 Feminina, Máster 50, Máster 40 Feminina, Máster 40, Máster 30 Feminina, Máster 30, Júnior Feminina, Júnior, Elite Feminina, Elite, Cadete Feminina e Cadete.
Data da proba: Domingo, 12 de xullo de 2026
Hora de saída: 16:00 h
Recollida de dorsais
- Sábado, 11 de xullo: de 16:00 a 18:00 h
- Domingo, 12 de xullo: de 10:00 a 13:00 h
Inscricións
Cota de inscrición: 40,00 €
Participación: Exclusivamente para persoas federadas.
Límite de participantes: 150
Prazos
Inscrición ordinaria:
Ata o mércores 8 de xullo de 2026 ás 23:59 h.
Inscrición fóra de prazo
Ata o xoves 9 de xullo de 2026 ás 15:00 h, cun recargo de:
- 10 € para categorías escolares (benxamín, promesa, principiante, alevín, infantil e cadete).
- 30 € para o resto das categorías.
⚠️ Unha vez rematado este prazo non se admitirán inscricións nin pagamentos, tampouco o mesmo día da competición.
As inscricións realizaranse exclusivamente mediante o formulario web da Federación Galega de Ciclismo.
Normativa
Todas as probas competitivas celebradas baixo o amparo da Federación Galega de Ciclismo realizaranse mediante preinscrición telemática.
As inscricións pecharanse segundo a normativa vixente da FGC. As inscricións fóra de prazo só serán admitidas de maneira excepcional dentro dos prazos establecidos e cos recargos correspondentes.
dirt VILA DE SARRIA 2026
ZONA MÚSICA
ZONA PADDOCK
MAPA DHU
IMAXES DO CIRCUITO
Sinopse
O Descenso Urbano Vila de Sarria ( DHU) nace en 2012 grazas ao esforzo do club de ciclismo DH. Galicia ( dhgteam), á colaboración dos patrocinadores a Deputación de Lugo e o Concello de Sarria.
9 edicións consecutivas disputadas durante a época de verán (xullo e agosto), a cal fan que exista unha gran afluencia de público e corredores na Vila de Sarria (Lugo) en parte por ser a porta de entrada ao Camiño Francés, onde cada día centos de peregrinos empezan a súa viaxe a Santiago. Ademais de ser un dos puntos galegos que conta con maior número de servizos para a acollida de turismo, posúe un rico patrimonio artístico e unha variada gastronomía que o converte no emprazamento ideal para levar a cabo esta iniciativa. O circuíto transcorre desde o punto máis alto da cidade: “O campo da feira” cruzando o centro histórico polo roteiro xacobeo ata o Paseo de “O Malecón” finalizando este en unha illa fluvial en pleno centro.
Por tratarse dun circuíto con máis de 100 módulos de madeira de características únicas a nivel nacional. Saltos sobrevoando un camión ou coches, cortados desde o tellado dunha casa ou desde unha ponte que cruza un río, descenso sobre unha escalinata de pedra, wallrides, etc ...é considerado o mellor descenso de España por moitos deportistas, público e prensa.
Dous días de moita adrenalina e espectáculo fan que se converteu nun evento que non defrauda e cuxa organización non falla pola xa adquirida experiencia. Máis de 60 persoas na organización: azafatas, comisarios de carreira, remontadores, persoal de mantemento, seguridade, asistencia médica, etc..
Esta afluencia de público dota ao evento dun atractivo na que un dos puntos fortes en promoción mediática e audiovisual a través dunha pantalla LED de 4,5 m x 2,5 m con emisión en directo por streaming (cámaras fixas, moviles e drons) e amplificación de son de 5000 W (xestionada por profesionais encargados da “Volta a Galicia”) nas que un speaker amenizará o espectáculo durante entrenos e carreira.
Recentemente premiado no Gala Ciclismo Galego ́17 pola Federación Galega de Ciclismo como Mellor Evento Deportivo.
Información
- Ubicación Sarria
- Dificultade ★★★★★★★☆☆☆
- Estado Ciclable 100%
- Escapatorias 95%
- Distancia 1200 m
- Idade 14 - ∞
VIDEO DHU VILA DE SARRIA
Normas
- É obrigatorio estar federado con categoría competitiva.
- O material de protección obrigatorio é: casco integral, protección dorsal ou cervical, rodilleiras, manga longa, e ou codeiras, lubas compretas e gafas de pantalla.
- Dorsal na bicicleta e chip (facilitado pola organización do evento).
- O participante deberá avisar en caso de accidente ou outro corredor á organización, en caso de que esté nalgún punto no que non se haxa socorrido.
- As bicicletas usadas deben funcionar únicamente ca propulsión realizada polas pernas.
- Obrigatorio o uso do dorsal durante os entrenos e estar inscrito previamente.
- Os corredores están obrigados a ceñirse as indicacións e ordes do persoal da organización.
- Nos adestramentos han de ir con suficiente separación entre o corredor que precede para evitar a colisión.
- En carreira o corredor dobrado debe facilitar o adiantamento.
- Queda totalmente prohibido o uso da bicicleta durante o cerre do circuito.
- Queda prohibido permanecer no circuito detido xa que pode comprometer o tránsito dos corredores.
- Na zoa de meta débese desaloxar o antes posible para deixar libre a chegada dos corredores.
Máis circuitos
Troski
- Santa Cristina
- ★★★★★★★★☆☆
- Non ciclable por tala
DH Dientes
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Non ciclable por tala.
Free
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Non ciclable por tala.
Mini DHU
- Sarria
- ★★☆☆☆☆☆☆☆☆
- Ciclable 100%
