Sinopse
Ollando hacia o aparcamento da fonte de Balmao e deixando Sarria ás nosas costas no sentido das agullas do reloxio, á dereita do DH, atopámonos co FREE.
Comezamos cun pequeno pedaleo que nos leva a unhas taboas cun cortado rodable e de seguida nos adentramos no pinar, cun pequeno salto, seguido de tres peraltes de medio metro e dúas mesetas que despóis doutro pequeno chimpo, nos deixa nunha pista principal, a cal cruzamos.
Logo doutro pequeno pedaleo, e xa dentro do pinar, agárdanos o antigo e inhabilitado Wallride, vixiante tas un chimpiño e tres peraltes máis, que apenas nos deixa coller folgos para encarrilar unha sucesión de aloucados escalóns e peraltes que nos botan a unha pista principal. Tras un apretón de cinco segundos de máximo pedaleo, tentamos superar as dúas mesetas e tres dubbies que, o noso descendedor Mourelo, recentemente deseñou para que, calquera que queira, practique cómodamente o arte de chimpar (verticalmente falando).
Chegados a este punto e case sin folgos xa, retomamos o descenso adentrándonos de novo no pinar enlazando tres curvas e outra recta de máximo pedaleo, para así atoparnos cun salto a unha bañeira, con curva de esquerdas e aparecer no mítico "Foso da Morte", que nos fai desfrutar ó máximo nivel, seguido de outro pequeno salto e un cruce de camiño tras do cal, nos recibe un salto cego, e digo CEGO con maiúsculas xa que, se non o coñeces, ás quedar prácticamente parado, e se o coñeces, volarás a cegas para, virando a pouco á esquerda, salir lanzado carreiro abaixo ata un pequeno salto que axuda a cruzar outro Camiño.
Collemos folgos unhos metros e despóis dun cortado, que se pode esquivar fácilmente, e dous ou tres saltiños máis, chegamos á zona crítica do circuito que é, a única trialeira do noso monte, onde cada un se pon o seu nivel de dificultade, según a velocidade e o atrevemento de cada "endureta".
Cruzamos a pista principal e afrontamos unha sesión de pequenos cortados, saltos e peraltes de pequena destreza pero sí, con posibilidades de alta velocidade, para así chegar ata o aparcamento.
A coller folgos, comentar as xogadas e sorrir de orella a orella para baixar esas 180 pulsaciós de satisfacción.
Información
- Ubicación Santa Cristina
 - Dificultade ★★★★★★★☆☆☆
 - Estado Ciclable 20%
 - Revisado 30/11/2024
 - Escapatorias 90%
 - Distancia 1.191 m
 - Idade 12 - ∞
 
IMAXES DO CIRCUITO
VIDEO ONBOARD
Recomendacións
- É obrigatorio o uso de casco sendo á súa vez recomendado o uso de xeonlleiras, codeiras e espaldeira.
 - Comproba os freos para poder baixar con seguridade.
 - Asegura a presión das rodas.
 - Presta atención nos cambios de sector por si se cruza un vehículo ou persoa polo camiño.
 - É recomendable facer un recoñecemento previo dos circuitos polos posibles obstáculos ou imprevistos que poida haber.
 - Se cívico e dá exemplo, respeta este espazo, ás persoas e animais do monte.
 
Restriccións
- Idade mínima recomendable: 12 anos, os menores de idade e recomendable que sexan acompañados por un titor.
 - Só poderan facer uso dos circuitos ciclistas federados pola federación española / galega de ciclismo.
 - O deportista e usuario deste espazo asume o risco que leva a práctica deste deporte.
 - Prohibido fumar.
 - No tires lixo, deixa o monte como está.
 - Prohibido o uso de vehículos de motor polos circuitos.
 
Máis circuitos
Troski
- Santa Cristina
 - ★★★★★★★★☆☆
 - Ciclable 100%
 
DH Dientes
- Santa Cristina
 - ★★★★★★★☆☆☆
 - Ciclable 50% La parte final está anulada.
 
Free
- Santa Cristina
 - ★★★★★★★☆☆☆
 - Ciclable 20%
 
Mini DHU
- Sarria
 - ★★☆☆☆☆☆☆☆☆
 - Ciclable 100%
 
