Sinopse
No xeodésico do monte Santa Cristina e á dereita do Free, atopámonos con un circuito moi rápido e técnico, sin apenas saltos e que se caracteriza por catro “Piedrotes” que nos van recibindo.
Despois dun trazado sinuoso pasando por riba dunha árbore tirada e cruzar a pista principal, atopámonos co primeiro, fácilmente adiviñable xa que se atopa na zona máis lenta cecáis do circuito.
Un cortado rocoso de unhos cinco metros de altura que nos deixa na pista principal para, despóis de cruzala, enlazar outras tres rocas consecutivas, cos seus cortados de dous ou tres metros, que nos subirán as pulsacións ós nosos máximos rexistros, na metade do percorrido. De seguido, unha consecución de curvas e rectas entrelazadas que nos deixarán nun paso entre dúas rochas, con apenas 85cm de paso para afrontar o derradeiro “Piedrote” moi empinado, pero seguido de un bon peralte a modo de apoio.
Solventada esta zona, e xa na parte final do trazado, despóis de unha consecución de curvas pechadas pero moi rápidas, que discorren entre pequenos Carballos, cruzamos outro Camiño para deleitarnos nun dobre que nos deixa na línea de meta, logo de un pequeno sprint.
Pequeno llaneo para coller folgos, viramos á dereita e volta a remontar contando a batalla afrontada xa que, se por algo se destacan tamén os nosos circuitos de Sarria, é que todos dan pé a unha boa charla máis ou menos relaxada, pero sempre amena e divertida xa que non se caracterizan por ser duros, senón que más ben todo o contrario.
Info circuito
- Ubicación Santa Cristina
- Dificultade ★★★★★★☆☆☆☆
- Estado Ciclable 100%
- Revisado 15/10/2023
- Escapatorias 100%
- Idade 12 - ∞
- Distancia 1.009 - 1.221 m
IMAXES DO CIRCUITO
VIDEO ONBOARD
Recomendacións
- É obrigatorio o uso de casco sendo á súa vez recomendado o uso de xeonlleiras, codeiras e espaldeira.
- Comproba os freos para poder baixar con seguridade.
- Asegura a presión das rodas.
- Presta atención nos cambios de sector por si se cruza un vehículo ou persoa polo camiño.
- É recomendable facer un recoñecemento previo dos circuitos polos posibles obstáculos ou imprevistos que poida haber.
- Se cívico e dá exemplo, respeta este espazo, ás persoas e animais do monte.
Restriccións
- Idade mínima recomendable: 12 anos, os menores de idade e recomendable que sexan acompañados por un titor.
- Só poderan facer uso dos circuitos ciclistas federados pola federación española / galega de ciclismo.
- O deportista e usuario deste espazo asume o risco que leva a práctica deste deporte.
- Prohibido fumar.
- No tires lixo, deixa o monte como está.
- Prohibido o uso de vehículos de motor polos circuitos.
Máis circuitos
Troski
- Santa Cristina
- ★★★★★★★★☆☆
- Ciclable 100%
DH Dientes
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 100%
Free
- Santa Cristina
- ★★★★★★★☆☆☆
- Ciclable 40%
Mini DHU
- Sarria
- ★★☆☆☆☆☆☆☆☆
- Ciclable 100%