Peche temporal do circuíto por mantemento previo á Copa de España DH Molinos

Informamos de que o circuíto permanecerá pechado temporalmente entre os días 17 e 24 de abril debido ás tarefas de mantemento, revisión e acondicionamento necesarias para a preparación da proba da Copa de España DH Molinos.

Durante estes días levaranse a cabo distintos traballos co obxectivo de que o percorrido estea nas mellores condicións posibles para a celebración do evento, garantindo tanto o bo estado das instalacións como a seguridade da proba.

Pedimos desculpas polas molestias que este peche temporal poida ocasionar e agradecemos de antemán a comprensión e colaboración de todas as persoas usuarias do circuíto.

A actividade retomarase con normalidade unha vez rematados os labores de mantemento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *