O sábado 6 arranquei para o Vigo Bike Contest, unha das carreiras do campionato de España 3 veces WC.
Adestrei todo o día sen ningun contratempo. Un circuíto bravo, moi bravo no que ás veces che esquecías da dificultade, soltaba os freos e a gas…
O domingo , dia de carreira, esperto desde as 7 por culpa dunha averia no coche fun aos adestramentos sen almorzar e no segundo remonte quedei arriba onde vin a varios riders bos quentando.
Unha das partes que máis me gustou, era una unha zona de raices que había tras un salto.
Saía ás 10:59 e eran as 10:30 e arriba sen almorzar…. Chegou a miña quenda, saín e caín 3 veces na manga clasificatoria facendo un mal tempo .. indo á carreira chámanme da grua de que lle baixe o coche polo que decidin non correr.
Aínda así mo pase xenial na clasificatoria e durante os entrenos. Un gran evento cun publico moi animado e uns riders moi adestrados.
