I DESCENSO DHGALICIA OPEN GALLEGO NORBROK 21

Esta fin de semana déronse cita nas montañas do Páramo 64 corredores que puideron dominar o difícil circuíto que o club Dhgalicia lles proponia para terminar o open galego Norbrok21 2013. Este circuíto é novo no open galego e conta con 2,5 km de distancia. 

A carreira finalmente celebrouse en auga o que dificultou aínda máis o revirado circuíto, en strach dominaron Alejandro Pérez, Iván Mourelo e Abel Rial sendo os máis rápidos.

O clube Dhgalicia agradecen aos patrocinadores, ao concello de Sarria, ao concello do Paramo e á Cruz Vermella o apoio prestado para realizar esta carreira.

DHU Villa de Sarria 2013

A última fin de semana de Xuño tivo lugar en Sarria a proba de ciclismo urbano que organiza o club Dhgalicia. Neste evento máis de 100 corredores asombraron ao público sarrián cos seus saltos e trazadas imposibles polo centro urbano desta Vila. Máis de 12 estruturas formaron parte do circuíto que descendía desde o campo da Feira e terminaba no paseo do Malecón.

Incluíndo entrenos nocturnos con concursos de saltos que ofreceron un gran espectáculo na Vila.

Nesta segunda edición os corredores máis rápidos foron:

Noticia de Lugo: II DESCENSO URBANO VILA DE SARRIA