A pasada fin de semana os dhgTEAM achegámonos a unha das probas que tiñan preparada o club KAMIKACES C.D en Lago Castiñeiras (Marín). Atopámonos cun circuíto moi cambiante divertido polo barro pero complicado facelas do tiron sen fallar un pouco. Tiven un par de caidas en toda a fin de semana sen importancia. Os entrenos desenvolvéronse con normalidade, deixando bastante marxe entre os corredors debido a que pola gran cantidade de barro podiámonos/podiámosnos quedar parados en moitos sitios. E ao ser un circuíto onde a trazada era a mesma para todos excepto un par de lineas era complicado pasar. O ambiente en xeral foi moi bo. Foi un finde divertivo cos rapaces do club que son unha xente espectacular.  Facer mención especial ao 3º posto ELITE. Parabén Lustres!!
 
Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *