Tras varios meses traballando ,este gran club, en todos os saltos, por fin chegou o finde para montar todo. Gran afluencia de riders acudiron a este 3er DHU Vila de Sarria para disfrutar sin duda dun dos mellores descensos urbanos de España.
O sábado tíñamos 2 modalidades que eran entrenos no DHU e a proba de Dirt Jump, que contaba con 12 riders dispostos a dalo todo. Puidéronse ver trucazos como Indian Air, Nothing, Bar Spin, Can Can, 360, No Hands Old School, bastantes Backflips pero sobre todos eles,o truco que marcou o fin de semana foi o Frontflip de Daniel Ferreira que conseguiu o posto mais alto do caixón,seguido de Rafa Cerqueira e Pablo Blanco.
O domingo parecía que a choiva iba dar por donde rompen os cestos a proba, pero a media maña xa se podía velo sol de novo.
Chegaron as mangas, 120 riders desexando baixar para competir contra o crono,o máis rápido do finde, 1 manga nervios presentes, corriamos na casa, quería facelo ben, pero como son tan quente ver tanta xente gritanto con pancartas e berrando o teu nombre foime imposible non baixar facendo o que máis sei, espectáculo!
Cheguei a meta 3 pero oubera bastantes fallos na 1 manga e a xente iba baixar tempo. 2 manga tranquilidad absoluta, mirando a agulla do reloxo esperando ansioso que marcara 1 para salir, chega o momento, os gemelos querian rebentar coa salida que fixen. Baixei a tope, disfrutando cada salto, cada curva, cada ánimo que se oia polo descenso.
Chego a baixo e o primeiro que escoito é: “tiempazo de Manuel Lustres” e quedaban 2 por baixar… quedei mirando fixamente o crono e cando baixou o último corredor non puiden conter a emocion e empezar a saltar de felicidade. Tiña moitas ganas pero non me esperaba ese posto co nivel que había.
Encantoume compartir podio con Pellon e o meu compi de team Ivan Mourelo, e ver a Juan Ramón no máis alto do caixón, xa se fai familiar este ano non sale del!!
Darlle as gracias a todos os patrocinadores, colaboradores, o Concello de Sarria, xente que se molestou en axudar de comisarios, axudando coas rampas, botando unha man… en serio gracias por facer posible esta carreira que a xente tanto quere. Foi unha alegria ver as calles cheas de xente animando, gracias tamén a os fotógrafos por deixarnos quedar co recordo en papel e gracias a este equipo por axudarme a medrar neste deporte e poder compartir tantos recordos cunha familia coma esta!!!
Vémonos para o ano se deus quere!!
