O pasado fin de semana celebramos en Sarria o Día da bicicleta. Dende primeira hora da mañá os máis cativos (e algún non tan pequeno) disfrutaron entrenando na xincana ubicada a carón do parque do Chanto, preparándose para os cronos que despois do xantar terían lugar no mesmo circuito.

As 15.00 comenzaba a disputada carreira, repartindo o crono en tres categorías: hasta 5 anos, de 6 anos a 10 e os máis maiores de máis de 10 anos.
Na categoria dos máis pequenos sorprendeu Antón rompendo o crono para quedar na primeira posición. Despois do evento poidemos facerlle algunha pregunta:
– Hola Antón, noraboa polo primeiro posto na xincana, ¿qué tal o pasaches durante o día da bici?
Ben, moi ben!
– ¿cantos aniños tes?
3, falta unha semana para cumplir 4.
– ¿Tes gañas de participar noutra carreira?
Si

– ¿Gustouche o circuito?
Si!
– ¿Que foi o que máis che gustou?
Os saltos!
– ¿vas a seguir entrenando na bici?
Si, quero aprender a saltar moito.
 
– ¿que bici queres?
Unha azul!
– Gracias Antón, por participar con nos no día da Bici en Sarria, vemonos pronto subidos na bici!
Gracias Diego
Despois dos cronos fixose a popular ruta polo pobo, disfrutando do bo día e dun paseo moi agradable acompañados de moitos nenos e maiores.

E máis tarde facíamos entrega dos premios, da Xincana:



O máis cativo

O máis maior

A familia numerosa

Atuendo orixinal

A bici orixinal

A máis antiga

E para rematar facíase o sorteo donde repartimos máis de 100 premios cedidos polos patrocinadores (Concello, Polo, Cafetería “El Abuelo”, Cruz Roja)
