O pasado mes de xullo, a localidade lucense de Sarria foi o epicentro do mellor dirt jump coa celebración do Dirt Vila de Sarria 2024. Nunha competición chea de emoción e trucos espectaculares, o rider Diego Solans alzouse coa vitoria tras unha rolda impecable que conquistou tanto ao xurado como ao público.

O segundo posto foi para o experimentado rider internacional Carolo, quen amosou a súa calidade con manobras de alto nivel. Pechando o podio, o portugués Nuno Pintas demostrou o seu talento cunha gran actuación que lle valeu a terceira praza.

O evento, que reuniu a algúns dos mellores especialistas da disciplina, na sua primeira edición convirtese nunha das citas imprescindibles do dirt jump en España. O clube DH Galicia agradece o patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *