Un circuíto moi técnico e físico con moitas pedras e raíces que se podían coller por múltiples trazadas diferentes segundo íase mollando e rompendo as curvas polos pilotos facíase complicado chegar a baixo sen fallar moito.
O circuíto facíache que tiveses unha concentración ao cento por cento e acordarche de todas as liñas para non penalizar e facer unha baixada fluída.
O domingo atopámonos cunha choiva moi forte que ao final acabo parando e deixando o circuíto algo húmido.
Na clasificatoria ía cun pouco de dúbidas de se ía aguantar a lume de biqueira ata abaixo ou tería que dosificar bastante e tíreme con calma bastante fluído e con caida sen consecuencias chegue abaixo.
Despues da primeira baixada o primeiro que pensei é “deus quero saír outra vez!!”
Xa me note moi solto e bastante ben na final, pensei : “vai… a gaas pero con cabeza…” tíreme e a zona de arriba e saíume moi ben só un fallito pequeno e asegurando un pouco no bonsái, pero máis rápido que nunca xa que estaba seco e perfecto para rodar. Conseguín quedar segundo na final.
Sei que hai que adestrar máis en circuítos tan ben feitos e poder gozar moitos findes de carreiras así.
O circuíto estaba moi traballado e ata o máis mínimo detalle estaba pensado remontes fluídos e unha organización de 10.
¡Viva a Tribu do Ñu! que fixeron unhas carreira perfecta sen medios e con moito esforzo conseguiron realizar unha proba espectacular.
