O pasado 23 de Febreiro, decidín afrontar o primeira maratón do ano, a Travesía Artabra, organizada polo CC Riazor, con 80 kms e 2500 m de desnivel acumulado. Había a opción curta con 48 kms e 1200 metros de desnivel, chamada a Pedalada, pero como no meu calendario 2014 teño apuntadas os “101 kms peregrinos” e “Os 10000 do soplao” pois non era mala idea ir afacendo as pernas a certas kilometradas asique……….a por a Travesía!!! O roteiro transcorría polos montes da Zapateira, Santa Leocadia e Ou Xalo. Tomamos a saída ás 9:00 desde o pavillón de Tarrio, Culleredo. A mañá non ameazaba choiva e a temperatura era moi boa, dia perfecto para facer gala do meu novo equipamento Dhg!!!

No caixón de saída atopeime con Manu de MTC onde estivemos a charlar ata que deron o pistoletazo de salída, rodamos xuntos os 2 primeiros kms pero como a miña idea era facer o roteiro a un ritmo tranquilo pero constante e non quería lastralo, díxenlle que tirase!!……e gran acerto porque non lle vin pelo en todo o dia…. ji ji ji ji.

O percorrido foi bastante rompepernas, con subidas duras e baixadas bastante endureras para o meu gusto, nas que non che deixaban descansar nin un segundo. Como ” ralero” e rodador que son, despois de afrontar os primeiros descensos, deime conta que a falta de técnica que teño para superar os devanditos tramos, obrigábame a subir o ritmo nas subidas e nos escasos chairos que había porque era onde podia gañar tempo xa que existían dous puntos de corte onde non podias superar os horarios marcados pola organización senón querías que che desviasen ao roteiro curto. Un dos factores determinantes que máis temiamos todos despois de tantos e tantos dias de choiva era o “barro”, xa que a súa presenza dificulta bastante un roteiro destas características minorando a velocidade media e obligandote a aumentar o esforzo físico pero aínda que parecía incrible, excepto en dous ou tres sitios onde había grandes charcos de auga que asolagaban o camiño por completo, no resto do percorrido só había esa cantidade de barrillo que a todos os bikers gústanos e que és necesaria para gozar do mtb sen chegar a atoparse coa mítica chocolatada onde as rodas entérranse ata os bujes.

Aos poucos ían pasando os quilómetros e as forzas diminuindo, tanto que ao chegar ao quilómetro 70 empezaba a notar os típicos síntomas de ” pajarón” en toda regra onde os repechos parecían portos de primeira….entón me dí conta de que era hora de tomarse un xel e medio bidón de auga para superar os 10 últimos kms. Ás 6 horas e 45 minutos crucei a liña de meta con moi boas sensacións e con ganas de repetir o próximo ano. En resumo…roteiro esixente e pouco rodadora pero……moi bonita e ben organizada!!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *