Domingo 16 de marzo de 2014 ás 7:30 da mañá partimos varios membros deste gran club dirección San Ciprián para realizar este roteiro tan esperado e desexada “V ruta da Medela” , un roteiro con carácter endurero que chama moito nosa atención polo divertida q é. Tivemos algún pequeno contratempo co horario de saída…debido a que chegamos algo xustos o cal xa saes coa tensión polas nubes jajajajaja….ves a todo o mundo montado nas súas bicis preparados para partir nas súas naves a pedais..e vesche aínda quitando os gayumbos para poñerche o culotte e demais pezas… jajajaja… bo o importante é que saímos mais menos á hora prevista…..o roteiro constaba de bo desnivel …subidas durillas pero que pensando no q vén despois sóbense con mais ganas. Chegabamos á 1a baixada, antes dela un bo avituallamiento e moi completo , hai q deixar constancia de que a organización perfecta e demostran currárselo moi ben para que gocemos o máximo nun evento como tal, baixadas moi limpas e todo ben sinalizado. Transcorrida a 1a baixada como nooo …..sufro unha avaría, cambio roto por unha cana filla puta… jajajajaja….grazas a ” papitoury” gran tipo que en toda ocasión que coincidimos e rompo algo, o esta ahi para solucionar o problema e poidas dalgunha maneira continuar…”grazas Toury” .
A partir de aquí fáilleme súper dura o finalizar o roteiro posto q non tiña moita opción de desenvolvemento nas subidas…piñón fixo e prato fixo era dalgunha maneira a opción que me permitía a gran solución que me prestaba o meu amigo, o cal podedes apreciar en fotos recoméndovolo levar na mochila..ocupa pouco e case non pesa …e o máis importante sácache do gran apuro de non quedarche súper tirado. Víñaseme á mente o marcar o número de teléfono que me levaría a regresar ao comezo, pero á beira destes cojonudos compañeiros éntranche ganas de continuar como sexa. Deixando atrás as avarías e contratempos continuamos o roteiro gozando do día con bo clima e terreo agradecido.
Baixo o meu punto de vista e creo q o resto opinando igualmente ..a 2a baixada impresionante.. súper divertida…único inconveniente que se fan curtas… jajajajaja … pero moi chulas. Acabamos o roteiro para logo pegarnos unha duchilla, nós e tamén ás nosas compañeiras de expedición e logo meterlle ao corpo uns bos bolos preñados …..empanada e tortilla cun cafelillo de pucheiro, algo de faladoiro e de volta pa casa xa comentando e esperando o próximo evento.
