Os vindeiros 24, 25, 26 e 27 de Febreiro regresa a Galicia o ciclismo de máis alto nivel coa celebración de O Gran Camiño, unha volta que constará de catro etapas que terán lugar en cada unha das provincias da comunidade. Sen dúbida, unha boa nova para os galegos, 22 anos despois da última edición da Volta a Galicia de profesionais.
O desenlace da carreira terá lugar en Sarria, cunha CRI que será decisiva para os corredores que aspiren a rematar no máis alto da clasificación xeral, feito que fará que se acheguen un gran número de afeccionados a disfrutar dunha xornada espectacular de ciclismo, ademáis da visiblidade que terá a Vila ó ser televisada en numerosos países.
Recentemente, unha boa representación dos clubes DH Galicia e Cidade de Lugo acompañamos a Ezequiel Mosquera (organizador da proba e exciclista profesional) e a Efrén Castro (deputado provincial de deportes) para facer un recoñecemento do percorrido que ó mesmo tempo serviu para facer un video promocional da proba e botar unhas risas entre amigos.
Tiven a sorte de que o trazado escollido pola organización foi unha proposta miña.
Consta de 16km con partes que beneficiarán ós especialistas e zonas onde os escaladores podrán minimizar diferencias. Os primeiros 5km son completamente planos ata chegar a Ferreiros, onde comeza a parte máis técnica da etapa con un repeito corto, pero ca dureza suficiente para que teñan que soltarse dos acoples, seguido dunha baixada con algunha curva compliacada que os levará ata Loseiro, desde onde terán que afrontar outro repeito de dureza similar ó primeiro pero máis largo para chegar a Calvor. Dende este punto voarán durante 5km con tendencia favorable que coinciden coa entrada do Camiño de Santiago a Sarria, onde terán que facer un último esforzo nun espectacular final situado na Rúa Maior.
Seguro que un evento desta categoría fará que o 27 sexa un día de festa para todos os sarrianos.