Levábamos tempo desexando contarvos isto, e ¡por fin pódemolo facer! Iste ano arrincamos a escola para iniciación e perfeccionamento no MTB e ciclismo en xeral.
¿𝗖𝗮𝗻𝗱𝗼?
Os cursos darán comezo en outubro.
¿𝗢𝗻𝗱𝗲?
Farémolos nun recinto cuberto (no casco urbán de Sarria).
¿ 𝐂𝐨́𝐦𝐨?
Impartiranse clases en grupos de distintos niveis por un monitor altamente cualificado.
Permanecede atentos as nosas redes sociais, xa que as prazas son 𝗹𝗶𝗺𝗶𝘁𝗮𝗱𝗮𝘀. En breve contarémosvos tódolos detalles para as 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐩𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬, días do curso, ubicacións, etc..
O pasado fin de semana disputouse en Manzaneda o IV Trofeo Federación DHi, na que de novo (esta vez en Copa Galicia) Iván Mourelo continuaba mantendo o liderato cun primeiro posto en Master 30 (6º na xeral) e do mesmo xeito que en campionato Galego Adrian López subía o podium para ocupar a terceira posición na categoría Enduro.
Como xa sabedes todo o trazado do evento se retransmitirá en streaming e proxectará nunha pantalla xigante no propio circuito a cargo de EME Sports. Pero aínda así, este ano poñeremos máis medios e estaremos en directo na TVG 2 con unha comentarista de luxo: Eva Castro.
Unha das mellores actividades do 𝐃𝐇𝐔 é a competición que lideran os máis cativos, e como non podía ser doutro xeito este ano contamos ,sen dubidalo, con eles.
Volve a esperada cita por moitos na que de novo imos vestir de madeira 𝗦𝗮𝗿𝗿𝗶𝗮 para dar paso a un evento espectacular. Un circuito urbano categorizado por moitos como o 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝗽𝗮𝗻̃𝗮… Se queres saber por qué, tes unha cita en Sarria o 𝟯𝟬 𝗲 𝟯𝟭 𝗱𝗲 𝗫𝘂𝗹𝗹𝗼.