Montefaro Enduro Race ´22

Este fin de semana o DH. Galicia desprazouse a disputar o Montefaro Enduro Race os municipios de Mugardos e Ares, proba organizada por o C.C. Pulpeiros Mugardos. Un enduro técnico e físico a vez que divertido, co plus dun entorno paisaxistico digno de ver.

A proba puntuable na Copa de España de Enduro foi representada polo DHGTEAM por Adrian Fernández del Moral e Jorge Dans.

Agora descansar e coller forzas, para o próximo fin de semana que se disputará o DH Molinos en O Páramo. ¡Vémonos pronto!

Mourelo rompe o crono no II Manzaneda DHI

O pasado fin de semana o rider do DH Galicia Iván Mourelo finalizaba a 1ª carreira da tempada no II Trofeo Federación DHI Manzaneda cun 1º posto na categoría master 30 e 4º do scratch.

Bos resultados na primera proba de DH cunha representación do clube, na categoría sub23 Jorge López (4º), e debutando o cadete Javier Casanova (15º) e na categoría enduro Adrián López (5º) e boas novas para o dhgteam e para o rider Mourelo que tratará de manter o liderato na vindeira carreira que se disputará na casa no DH Molinos o 5 de xullo.

A primeira do ano: Sachoquedada en Santa Cristina

Dende o pasado venres e durante 4 días de traballo incesante, boa representación do clube DHGTEAM estivemos no monte de Santa Cristina en Sarria retomando as labores que se veñen facendo tódolos anos en diversas ocasións durante o mesmo.

Ata o monte achegáronse unha trintena de persoas para facer labores de limpeza, acondicionamento e a creación dun novo circuito que en breve presentaremos e xa está bautizado como Troski.

Rodos, palas, motoserras … todo un arsenal de traballo para dar cuidados ao monte na limpeza dos sendeiros acondicionando ata con tubos para evitar que a auga destroce os camiños.

Labores , nas que os máis cativos do club tiveron forte representación nesta primeira sachoquedada do ano, serven a parte de protexer o monte inculcar valores de traballo, compañeirismo e cuidado do entorno.

Cabe destacar a colaboración ,como membros máis do clube, de Sonia Cantalapiedra, X. Lois Gutiérrez Faílde e Miguel Cumbraos,  profesores do instituto Xograr Afonso Gómez de Sarria e os que dende o clube queremos agradecer a sua participación. 

A previa de O Gran Camiño

Os vindeiros 24, 25, 26 e 27 de Febreiro regresa a Galicia o ciclismo de máis alto nivel coa celebración de O Gran Camiño, unha volta que constará de catro etapas que terán lugar en cada unha das provincias da comunidade. Sen dúbida, unha boa nova para os galegos, 22 anos despois da última edición da Volta a Galicia de profesionais.

O desenlace da carreira terá lugar en Sarria, cunha CRI que será decisiva para os corredores que aspiren a rematar no máis alto da clasificación xeral, feito que fará que se acheguen un gran número de afeccionados a disfrutar dunha xornada espectacular de ciclismo, ademáis da visiblidade que terá a Vila ó ser televisada en numerosos países.

Recentemente, unha boa representación dos clubes DH Galicia e Cidade de Lugo acompañamos a Ezequiel Mosquera (organizador da proba e exciclista profesional) e a Efrén Castro (deputado provincial de deportes) para facer un recoñecemento do percorrido que ó mesmo tempo serviu para facer un video promocional da proba e botar unhas risas entre amigos.

Tiven a sorte de que o trazado escollido pola organización foi unha proposta miña.
Consta de 16km con partes que beneficiarán ós especialistas e zonas onde os escaladores podrán minimizar diferencias. Os primeiros 5km son completamente planos ata chegar a Ferreiros, onde comeza a parte máis técnica da etapa con un repeito corto, pero ca dureza suficiente para que teñan que soltarse dos acoples, seguido dunha baixada con algunha curva compliacada que os levará ata Loseiro, desde onde terán que afrontar outro repeito de dureza similar ó primeiro pero máis largo para chegar a Calvor. Dende este punto voarán durante 5km con tendencia favorable que coinciden coa entrada do Camiño de Santiago a Sarria, onde terán que facer un último esforzo nun espectacular final situado na Rúa Maior.

Seguro que un evento desta categoría fará que o 27 sexa un día de festa para todos os sarrianos.

O reto de Santi: Ruta dos Lobos

Apunteime á Ruta dos Lobos porque me convenceu un rapaz da grupeta, e así o fixen. Tiña algo de medo, xa que dicían que esta era unha das rutas máis duras de Galicia. Unha das miñas máximas preocupacións era que tan só levaba seis meses montando en bicicleta, polo que supoñía un reto para min.

Chegou o día, e preocupado por como me atoparía, cometín o erro de quedarme dos últimos na saída. Na primeira baixada encontrámonos cun embotellamento, pero logrei remontar o ánimo e na primeira subida concentreime en manter o ritmo. Deime conta de que ía só ata a baixada de Seimeira de Vilagocende, tras a cal tiña que esforzarme noutra subida, pero coa recompensa de poder descansar no primeiro avituallamiento.

Teño que mencionar que este avituallamiento era impresionante, había de todo, aínda podo lembrar os freixós que comín ese día! Alí atopeime con tres dos meus compañeiros da grupeta, cos que continúe a ruta ata a subida de Pedras Apañadas. Un deles tomou vantaxe e tratei de seguilo, pero foime imposible. Esa subida pareceume impresionante e sei que a lembrarei moitas veces.

Chegamos ao seguinte avituallamiento, no que de novo tiñamos de todo e do noso (caldo, botelo…). Ao volver retomar a ruta, deime conta de que a parte máis dura xa a fixéramos e que só quedaban 15 km. Isto deume pulo e concentreime en terminala!

Unha vez rematada, decateime de que era unha ruta das que merecían a pena, sobre todo polas sensacións que me transmitíra ao facela. É por todo isto, que lle estou moi agradecido aos meus compañeiros da grupeta “dos case ciclistas” e o club Dhgteam, e en especial ao que me enredou neste mundo, a “Chapu”