XIV Marcha BTT San Froilan Lugo

Un ano máis os dhgTEAM fixemos o roteiro San Froilán na que este ano atopamos sitios novos cara ao Corgo con carreiros que nos fixeron gozar moito. Un roteiro alcanzable para todos os públicos e coa gran recompensa de bo polbo para recuperarnos do esforzo. Queremos agradecer o detalle que o club Correcaminos tivo connosco, para poder lembrar un día que repetiremos todos os anos, como xa é habitual.

I DESCENSO DHGALICIA OPEN GALLEGO NORBROK 21

Esta fin de semana déronse cita nas montañas do Páramo 64 corredores que puideron dominar o difícil circuíto que o club Dhgalicia lles proponia para terminar o open galego Norbrok21 2013. Este circuíto é novo no open galego e conta con 2,5 km de distancia. 

A carreira finalmente celebrouse en auga o que dificultou aínda máis o revirado circuíto, en strach dominaron Alejandro Pérez, Iván Mourelo e Abel Rial sendo os máis rápidos.

O clube Dhgalicia agradecen aos patrocinadores, ao concello de Sarria, ao concello do Paramo e á Cruz Vermella o apoio prestado para realizar esta carreira.