Este finde pasado celebrouse o Campionato Galego de enduro en Moaña, organizado polo clube THC.
Arranquei cara a aventura o sábado pola maña, levando a bici de enduro e a de DH e unha pequena maleta con roupa.
Durante o día solo puden facer o tramo 1,2 e 4 unha vez cada un xa que me rompeu o plato da bici de enduro e casi non puiden pedalear.Chegado o domingo, pola maña cedo as 7:30 cantaba o galo para mandarme a aventura coa bici de dh, a verdade foi unha carreira moi dura, case 40 km con 1100 acumulados e chegar a tempo os tramos habia que pedalear bastante.
Respecto a carreira unha organizacion perfecta, cuns tramos moi polvorentos pero moi divertidos que no 2 de tan envenenado que ia nunha curva tocoume ir o chan,pero sin consecuencias!
O final conseguin rematala carreira cun oitavo elite e 18 scratch que me sabe moi ben.felicitar o meu compi de team Borja Caneiro por ese merecido podio e agradecer o clube THC a sua hospitalidade deixándome dormir no albergue!
Ahora pensar en Lastres, queda semana e media para a acción! Vémonos nas carreiras!
