Este fin de semana disputouse no monte do Páramo o DH Molinos, segunda proba da Copa Galicia organizada polo club DH. Galicia. 

Gran representación do club organizador e moi bos resultados para os riders locales, cun primeiro posto absoluto para Iván Mourelo cun tempo de 03:22,234 seguido de Kevin Méndez con 03:23,024 e Zoe del Rio con 03:23,258.

 

 

Podium local tamén para o corredor David Gómez na categoría Enduro e para Jorge López en Sub23 ambos nunha 3ª posición no caixón e o esperado debut de Carlos Diaz cun merecido 2º posto na categoría Infantil.

Dende o club DH Galicia queremos agradecer a tódolos integrantes e voluntarios que participaron activamente durante a proba para que se levara a cabo e aos patrocinadores e comuneros do monte.

 

Tempos DH Molinos 22 (pdf. 1,58 MB)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.