Este venres despraceime a Sant Andreu, xunto ao equipo Club Ciclista Coruxo, unha dura viaxe en coche para iniciar a 1 proba do open de España. O venres mirouse o circuíto a pé, e probáronse 4 zonas para probar a nova bici, Scott Gambler 20 miúdo maquinón, moi estable e manexable. O sábado o ambiente era propio dunha carreira,400 riders, xente sacando fotos e animando….circuíto moi rápido e moi roto, onde os bos pilotos conseguían baixar tempos. Xa a domingo levantámonos ás 6 da mañá para poder facer manga de entrenos ás 7.
Na 1 baixada probando tempos nunha curva tócome o pedal no chan e me cai torcendo unha biela, asi non empecei moi ben o día, xa que na clasificatoria caín en meta, tendo un intermedio moi bo que me colocaba entre os 25 primeiros elites, moi tranquilo tírome na 2 manga moi forte a por un bo tempo, desafortunadamente, rebentei de alante e así acabou a carreira para a miña. Polo menos vimos para casa cun 3 podio de Rosi Martínez. Moi bo ambiente, moitos amigos, e mirando a próxima carreira con mellores expectativas.
