Horarios:

Circuito infantil con obstáculos a partir das 11.00 h á 13:00 h, adestramentos. A xincana celebrarase ás 15:00 h ata as 17:00 h na zona do Chanto (á beira do Meigallo) Paseo por Sarria en bicicleta ás 17.30 h, saída e meta no Chanto. Ao acabar os eventos recuperaremos enerxía cunha merendola… (froita, bolería e bebida)

Premios

– Ao máis maior

– Ao máis novo

– Familia numerosa

– Bicis orixinais

– Sorteo de agasallos

– Diploma e medallas na xincana

Regulamento:

– Uso obrigatorio de casco

– Todo participante debe facer uso do seguro dun día

– Ter 16 anos ou na súa falta consentimento familiar. Se se fai a inscrición a través da web será obrigatorio que o titor do menor preséntese antes do evento para asinar a autorización pertinente (inclusive para os adestramentos da xincana).

– Para a xincana a idade mínima son 4 anos.

Inscricións:
Inscricións gratuítas ata o xoves véspera. Podes inscribirche: – Na tenda “Dúas Rodas” (Praza de Galicia, 41, 27600 Sarria, Lugo) – No Concello de Sarria – Directamente picando aquí e enchendo o formulario.
 

Seguridade:

Incluirá seguro e será obrigatorio levar casco.

A seguridade estará cuberta por patrullas de Protección Civil, así como Persoal Auxiliar e Cruz Vermella.

O roteiro estará guiada con vehículo escoba, facendo especial incapié nas zonas perigosas e cruces, onde estará persoal da organización.

É recomendable a compañía dun familiar ou titor para acompañar no roteiro.

Colaboran:

Concello de Sarria en:

Ambulancia Cruz Roja

Protección Civil

Policía Local

Coche escoba

Acondicionamento de camiños

Duchas, pabillón, etc..

Dos Ruedas:

Reparacións durante a marcha

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *