Este finde 4 dhg’ s desprazámonos a Adestra,un pobo Rioxano no que a familia Sufrategui acolleunos na súa casa para pasar unha fin de semana de bici inesquecible. Comezou a aventura o venres 25 ás 6 da tarde,xuntándonos en Lugo Juan Ramón, Mourelo, Xan e Lustres para poñer rumbo á Rioxa que ata a unha da mañá non chegamos ao destino. 
 
Con moi poucas horas de soño espertámonos ás 7:30 para asistir ao primeiro endurovsdownhill, unha proba que consistía en descender desde as neveiras de Sojuela unha distancia de 6’5 km por un trazado impresionante,técnico,divertido e con zonas moi rápidas,cunha gran afluencia de público e 160 corredores de varias zonas de España. 

A proba estivo perfecta,o tempo acompañounos cun bo dia de sol,montando con algo de barro,boa organización,moi bo trato,e ata con macarrones para comer para todos!!! O único pero é debido aos seteros,que ocupaban a zona de remonte cos seus coches impedindo a agilidez cos remontes. Ao final da carreira houbo un concurso de saltos gañando o mellor whip Dani Olarra e o “truco tolo” Lustres sacando as mans e aterrando sen elas!!! 

O domingo fixéronnos uns remontes polos seus trails e despues a comer a casa dos Sufrategui, agradecer de corazón o trato recibido,toda a hospitalidade recibida por parte da familia Sufrategui,esperamos volver pronto,a familia dhg esta en débeda convosco irmáns rioxanos!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *