Venres 11 de setembro ás 4 da tarde, Mortiso e eu decidimos poñer rumbo a Toledo,para disputar o Toletvm Urban DH,un descenso urbano polo casco antigo de Toledo,declarado patrimonio da humanidade!!

Chegamos alí bastante tarde,e paseando polo pobo coñecemos a uns madrileños cos que compartimos moitísimos momentos durante a fin de semana,de feito o venres compartimos unha botella de licor café,para meterlle vitaminas ao corpo.

O sábado,houbo 1 hora de atraso debido a reparacións de saltos e montaxes do circuíto,pero unha vez listo todo,as sensacións foron moi boas,aínda que se podería dar moitísimo máis dese descenso, estaba moi divertido. Pola noite tocaba descansar cos meus amigos Dani Ruiz e Diego Pintado, que me prepararon unha cea deliciosa.

Domingo pola mañá,os nervios empezaban a notarse,chegamos ao descenso e á hora de empezar,os saltos aínda estaban sen colocar,os carpinteiros reparando saltos polo dh,o organizador correndo dun lado para outro,está claro,que faltou xente axudando coa organización,xa que se cometeron moitísimos erros.

O momento ansiado chegou: a carreira. En clasificatoria tireime asegurando un bo tempo, e chegando abaixo dinme que estou 1 elite, … sóame moi raro, na segunda manga, saín a fondo, e chegando a meta pedaleando, rómpeseme a cadea … case me mato, aínda que sen consecuencias consigo entrar 3 en elite. A verdade, non se que tempo fixen, xa que a GoPro dime outro tempo moi distinto. Os demais corredores tamén quedaron bastante decepcionados, xa que a empresa que cronometrou, deixou moito que desexar, nun evento desta categoría creo que non se pode meter calquera empresa, xa que che arriegas a que todo salga mal.

Do resto perfecto, o meu gran amigo Carlos García, volveu subirse ao podio cunha baixada impresionante. De volta a casa, fomos de turismo por Segovia xa que hai uns lugares chulisimos!! E isto é todo,o que describe unha fin de semana chea de amigos, xente nova, risas, e moita adrenalina!! Ata a próxima amigos!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *