Para os que non o saiban, A Medela é unha ruta endurera, subir, baixar: preferiblemente a topisimo e sobre todo nada de llano.

Algúns de nós, seguindo os sabios consellos da cúpula do clú, xa degustaramos os barros da zona un par de semanas antes e xa a supoñiamos durilla.

Madrugamos unha chea como sempre e como sempre chegamos tarde, parada en Lugo , en Castro, reagrupamiento e veña palante. Ese sexto sentido que temos os aventureiros dicíanme que faría sol….os mongolitos que viñan comigo, que estaba flipao!

Despois da típica charla sobre estratexias, decidimos ir xuntos. Fomos xuntos no coche, e a por o dorsal, despois só fomos xuntos uns poucos, os outros corrían cal gacelas (os que quedamos atrás, Juan, Melenas, Sarria gt, Vega & Eu, non chegamos antes porque non quixemos. Estamos moi por encima diso de ser rápidos, outro rolo).

Poñémonos a rodar e despois dun paseo pola Vila Costeira iniciamos a ascensión. Pouco barro, iso si, dunha calidade exquisita, moi similar ao das beiras de mar morto, que nos facía deleitarnos en cada pedalada!! Isto último todo mentira, barro chungo, pero chungo chungo.

Gominolas, agüita, e pabaixo! Unhas baixadas divertidísimas!! Un circuíto moi currao e unhas risas como sempre. Veña parriba outra vez, e veña pabaixo, e así toda a maña!

Hei de dicir, que na última e penúltima subida Melenas e eu tivemos un aviso e detivémonos facer unhas reparacións nas liñas de alta tensión. Cada un as súas e sen mariconadas. A última subida non se fixo tan dura, quizá pensando que xa o conseguimos, quizá baixo os efectos do último “xel”, quizá porque a fixemos andando (menos Vega).

Ultimo descenso e pa casiña. Xa de regreso reagrupamiento de novo e intercambio de impresións, e coa mesma lectura de sempre MOLA A lume de biqueira. Moita asistencia do club, moitas risas, orgulloso DHG.. Fixo sol como predixo apaxarator.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *