E de que mellor forma que volver á acción tras 3 meses de recuperación ,por unha fractura de clavícula practicando este deporte que cada día gústame máis, que irnos de roteiro os dhgteam e dous amigos do club á que posiblemente sexa parte do novo roteiro que se está preparando para este 2014.
É un pracer volver sentir as sensacións que produce o percorrer carreiros destas paraxes onde tocounos vivir e sobre todo coa mellor compañía. O noso Sensei Tros, prepáranos varias sorpresas (das de botar cu para atrás) durante a roteiro dirección a Samos acompañadas dalgunha subidita que afrontamos sen problemas.
Xa en Samos, o mellor, o avituallamiento: paramos no Asador O’ Gayo un dos mellores sitios da zona para comer troitas, churrasco, chourizos, acompañados de viño e cervexa, unha sobremesa caseira e café.
Tras recargarnos de enerxía volveremos a Sarria un pouco máis tarde do que contabamos pero é que o tempo voa cando te divirtes. Gran tarde de amigos e risas! Moitas grazas polo apoio deste gran club!
