Enduro vs Downhill 2013

Este finde 4 dhg’ s desprazámonos a Adestra,un pobo Rioxano no que a familia Sufrategui acolleunos na súa casa para pasar unha fin de semana de bici inesquecible. Comezou a aventura o venres 25 ás 6 da tarde,xuntándonos en Lugo Juan Ramón, Mourelo, Xan e Lustres para poñer rumbo á Rioxa que ata a unha da mañá non chegamos ao destino. 
 
Con moi poucas horas de soño espertámonos ás 7:30 para asistir ao primeiro endurovsdownhill, unha proba que consistía en descender desde as neveiras de Sojuela unha distancia de 6’5 km por un trazado impresionante,técnico,divertido e con zonas moi rápidas,cunha gran afluencia de público e 160 corredores de varias zonas de España. 

A proba estivo perfecta,o tempo acompañounos cun bo dia de sol,montando con algo de barro,boa organización,moi bo trato,e ata con macarrones para comer para todos!!! O único pero é debido aos seteros,que ocupaban a zona de remonte cos seus coches impedindo a agilidez cos remontes. Ao final da carreira houbo un concurso de saltos gañando o mellor whip Dani Olarra e o “truco tolo” Lustres sacando as mans e aterrando sen elas!!! 

O domingo fixéronnos uns remontes polos seus trails e despues a comer a casa dos Sufrategui, agradecer de corazón o trato recibido,toda a hospitalidade recibida por parte da familia Sufrategui,esperamos volver pronto,a familia dhg esta en débeda convosco irmáns rioxanos!!!

Enduro das Bestas & Enduroastur 2013

Esta fin de semana celebrouse en Baiona o 1 er campionato galego de enduro ( Enduro dás Bestas), lugar onde o dhgTEAM foi pelexar/gozar dun percorrido de 35 km polos montes de Belesar, Sabaris, Bahiña, Baredo e Baiona cun acumulado de 1200 metros.

No primeiro e segundo tramo atopámonos con circuítos técnicos e era facil quedar fóra por caida ou averia. O terceiro tramo, o máis bonito con diferenza gozamos de baixadas con moito flow (como as que nos gustan) e para finalizar o cuarto tramo, resultou máis fácil empatado co tramo urbano.

No apartado de remontes os dous primeiros fixéronse algo longos pero os segundos máis levadíos.

Como sempre se gozou dun gran ambiente de compañeirismo acompañado dunha gran organización á cal, desde aquí, queremos agradecer o bo labor realizado.

 

Doutra banda, só nos cabe felicitar ao noso compañeiro do club José Manuel Nogueras ( Orbeatis) que finalizou leste mesma fin de semana en Tuña a última das 5 duras probas puntuables para o Open de Asturias EnduroAstur. Parabén Orbeatis!

XIV Marcha BTT San Froilan Lugo

Un ano máis os dhgTEAM fixemos o roteiro San Froilán na que este ano atopamos sitios novos cara ao Corgo con carreiros que nos fixeron gozar moito. Un roteiro alcanzable para todos os públicos e coa gran recompensa de bo polbo para recuperarnos do esforzo. Queremos agradecer o detalle que o club Correcaminos tivo connosco, para poder lembrar un día que repetiremos todos os anos, como xa é habitual.