De novo boas novas para o clube DH . Galicia onde o fin de semana pasado se disputaba o campionato Galego no Bike Park de Manzaneda cunha participación de case 150 riders, dos cales 10 eran do DHGTEAM.
Na categoría Master 30 Iván Mourelo, cunha racha de tres vitorias seguidas, proclamouse campión galego cun tempo de 2:31,996.
Por outra banda, o podium de Adrián López (2:50,543) en Enduro, que destaca cunha gran proxección.