Apunteime á Ruta dos Lobos porque me convenceu un rapaz da grupeta, e así o fixen. Tiña algo de medo, xa que dicían que esta era unha das rutas máis duras de Galicia. Unha das miñas máximas preocupacións era que tan só levaba seis meses montando en bicicleta, polo que supoñía un reto para min.
Chegou o día, e preocupado por como me atoparía, cometín o erro de quedarme dos últimos na saída. Na primeira baixada encontrámonos cun embotellamento, pero logrei remontar o ánimo e na primeira subida concentreime en manter o ritmo. Deime conta de que ía só ata a baixada de Seimeira de Vilagocende, tras a cal tiña que esforzarme noutra subida, pero coa recompensa de poder descansar no primeiro avituallamiento.
Teño que mencionar que este avituallamiento era impresionante, había de todo, aínda podo lembrar os freixós que comín ese día! Alí atopeime con tres dos meus compañeiros da grupeta, cos que continúe a ruta ata a subida de Pedras Apañadas. Un deles tomou vantaxe e tratei de seguilo, pero foime imposible. Esa subida pareceume impresionante e sei que a lembrarei moitas veces.
Chegamos ao seguinte avituallamiento, no que de novo tiñamos de todo e do noso (caldo, botelo…). Ao volver retomar a ruta, deime conta de que a parte máis dura xa a fixéramos e que só quedaban 15 km. Isto deume pulo e concentreime en terminala!
Unha vez rematada, decateime de que era unha ruta das que merecían a pena, sobre todo polas sensacións que me transmitíra ao facela. É por todo isto, que lle estou moi agradecido aos meus compañeiros da grupeta “dos case ciclistas” e o club Dhgteam, e en especial ao que me enredou neste mundo, a “Chapu”